9 de dec. de 2012

INSÓLITO: INAUGURAN A MESMA PRAZA DUAS VECES.

A PRAZA AROUSA FOI ABERTA O PUBLICO O 29 DE SETEMBRO E VOLTA A INAUGURAR O VENRES PASADO.
A INAUGURACIÓN ADEMAIS VIUSE INTERRUMPIDA POLOS TRABALLADORES DO PARADOR.
Como xa non teñen grandes infracturas para inaugurar, nin o que se ve tampouco pequenas, os do Partido Popular  adicanse a inuguarar as cousas duas veces. A praza Arousa remodelada por certo pola empresa de “sempre”, foi aberta o público o día 29 de setembro tal e como plasmou o Faro de Vigo na súa edición de 30 de Setembro, e ainda que non saian na foto estiveron presentes Touris e Luis Aragunde, como xa foran denunciados polo BNG perante a xunta electoral preferiron non correr riscos e non sair na foto, pero estar estiveron na praza e esta ficou inaugurada na devandita data. 
As caras das autoridades eran un poema cando se
acercaron os traballadores do Parador.
O vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Afonso Rueda, visitou o noso  Concello onde destacou a bombo e plastillo a  "importancia das pequenas infraestruturas municipais que contribúen ao benestar dos veciños ", espoecialmente para inagurar unha praza que xa estaba inaugurada. Que vos viu quen vos ve.
Rueda, que se da a circunstancia de que é o secretario de concello de Cambados en excendencia especial, veu acompañado polo Director Xeral de Administracións Publica Norberto Uzal ex asesor xurídico tamén do Concello de Cambados ,   foi recibido polo alcalde de Cambados, Luís Aragunde, quen lle mostrou as pequenas obras de acondicionamento da Praza de Arousa, na contorna de Fefiñáns, consistentes na mejora dos seus servizos e pavimentación, así como a instalación dunha rede separativa de augas pluviais e residuais. 
A cara de Luisiño deciao todo.
O vicepresidente destacou a importancia das axudas económicas destinadas á realización de infraestruturas de uso público nos concellos galegos. 
A obra ascendeu a preto de 50.000 euros, dos cales o 70 por cento achegounos a Xunta de Galicia.  A inauguración foi interrumpida polos traballadores do Parador, feito que o Alcalde a Aragunde, o Delegado Touris e o presidente da Deputación Louzán   non lles pareceu moi ben, pero os traballadores estaban a defender o seu, e que mellor ocasión para “apretar” o vicipresidente da Xunta. 
Trátase dunha praza que tiña un pavimento de cemento xa moi deteriorado, e na que se investiron 54.000 euros (o 80 por cento achegouno a Xunta, e o 20 restante o Concello) para a colocación dun firme de lastros. No centro debuxouse unha gran vieira, e aproveitáronse as obras para renovar as canalizacións subterráneas. 
Por certoa escosos 20 metros desta praza o Caleixón da Congostra na súa confluencia coa Rua  Sevilla tamén están en obras e as mesma levan paradas preto dun mes, causando graves tratornos os veciños e a criculación de vehículos, debeuselle acabar o orzamento, porque senón non se entende  este parón.


Ningún comentario: