10 de dec. de 2012

ONDE ESTÁ O BARCO “TRAGOVE”?

Dende fai uns días concretamente dende mediados de novembro non está no seu lugar de amarre o barco denominado Tragove, un barco polemico dende o día da súa inauguración pola Conselleira do mar Rosa Quinta, valedora
do patron maior de Cambados Benito González. 
Este o lugar de amarre don "Tragove" onde non está
dende fai varios dias.
Non sabemos se por casualidade ou por coincidencia, o barco falta aproximadamente dende que se anunciou a prensa que a Fiscalia de Santiago habia presentado unha querela criminal contra o noso Patrón Maior. Lembremos que Benito querellouse, previamente,  contra dous mariñeiros da confraria por insinuar estes, segúndo Benito,  que o que o motor do barco en cuestión ao parecer non era novo, a querela ainda continua en trámite, segundo nos informe o avogado de Agamar. Preguntada varia xente do mar por onde se pode atopar o barco a maioria dixeronos que estaba”agochado” nun asteleiro de Cambados, outros que non sabian,  outros nin se deran conta que faltaba, outros que está arreglar etc. 
"Inauguración" do Tragove con Rosa Quintana de
protagonista.
Precisamente o pasado 15 de novembro de 2011 a Asociación Galega de Mariscadoras (Agamar) presentou denuncia ante a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza con copia das contas anuais presentadas pola Federación galega de confrarías de pescadores de varios exercicios nos que viña reflectir a autopercepción por parte do seu presidente, Benito González Sineiro, da cantidade de 103.737,13 euros en concepto de retribución. Devandita remuneración está expresamente prohibida pola normativa galega que regula ás confrarías e as súas federacións provinciais e galegas ao proclamar o principio xeral da gratuidade, profesionalidade e austeridade no desempeño dos cargos representativos destas entidades, fóra de cobro de indemnizacións ou gastos concretos e detallados que deriven directamente do servizo, segundo informa Agamar.
As "autoridades cambadesas estiveron presentes
na suposta "inauguración".
Agamar esixira, previamente, da Consellería do Mar que investigase a esta Federación e ao seu presidente pola disposición de caudais públicos e retribucións dinerarias sen que ata a data haxa constancia nin da devolución do montante económico nin da apertura de expediente informativo algunha. 
Ademais, para reforzar a absoluta discrecionalidad na disposición de fondos públicos, achegáronse á Fiscalía gravacións de Benito González Sineiro efectuadas ante os socios da entidade que recoñecían dito actuar defraudador, segundo Agamar. E tamén se entregaron á Fiscalía documentos demostrativos do presunto cobro indebido de contías económicas en prexuízo da entidade cambadesa, así como, extracto dunha conta bancaria, da que o mesmo era titular xunto con outras dúas persoas, de importantes movementos dinerarios pertencentes á actividade da confraría de pescadores, como denunciaron numerosos socios ante o Consello de contas e ante a propia Axencia tributaria, e que estaba á marxe da contabilidade da entidade na inspección realizada polo Tribunal de contas de Galicia. 
Luis Aragunde gonzando do "Tragove".
Á luz destes datos, e atendendo á normativa sectorial imposta para as confrarías de pescadores en Galicia, sumado ao feito de que se ten pleno coñecemento das contas da Federación pola Xunta de Galicia, resulta inaudito o silencio, a complicidade e a irresponsable permisividad manifestada durante estes anos pola Consellería do Mar con este irregular proceder do presidente galego das confrarías de pescadores, un cargo que, legalmente, debería ser gratuíto e, sobre todo, cando é esta consellería a que, principalmente, vén financiando á Federación galega de confrarías de pescadores con importantes sumas a cargo do Orzamento xeral da Xunta. 
A única resposta pública da titular da Consellería do Mar foi, como denunciou recentemente Agamar, o intento de modificar a regulación das confrarías de pescadores para intentar “legalizar” a situación do presidente facendo desaparecer do articulado do futuro decreto de confrarías a prohibición de percepción de salario polos patróns maiores e presidente da Federación galega de confrarías. 
Segundo Agamar Rosa quintena quixo modificar a lei
para "liberar" a Benito.
Foi a Fiscalía de Santiago, atendendo ás denuncias e contundentes probas presentadas por Agamar, a que se querela contra Benito González Sineiro por un presunto delito de malversacion de caudais públicos ante o Xulgado de instrución n º un da capital galega. 
Agamar comparecerá na devandita causa criminal como acusación e non descarta a ampliación na imputación dos feitos criminais, imputados inicialmente ao presidente da Federación galega de confrarías de pescadores de Galicia, vogal da Federacion nacional de confrarías de pescadores de Galicia de España, patrón maior da confraría de pescadores San Antonio de Cambados e vogal da Autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa, contra todos aqueles que foron coñecedores destes feitos e ou ben participaron directamente ou ben permitiron que sucedesen sen exercer as competencias administrativas que lles correspondían por razón dos seus cargos públicos.

Ningún comentario: