10 de dec. de 2012

O CAMBADÉS RICARDO DOMINGUEZ EN “AROUSÁNS NA DÍASPORA” NA VOZ DE GALICIA.

COLABORA HABITUALMENTE EN “CAMBADOS TK” E EN “A TI MEU CAMBADOS”. 
Onte a Voz de Galicia publicaba na semanal sección de “Arousáns na Diáspora” unha reportaxe sobre o noso coloborador Ricardo Dominguez Rey, a estas alturas da pelicula non creo que lle parece mal que cite o mote de familia  “O Canario” (En Cambados, menos os señoritos, todos temos mote). Ricardo por razóns laborais del e sobre todo da súa muller tiveron que marchar  para Cataluña onde levan xa once anos. Ten tres fillos, pero polo que se ve na reportaxe añora moito a súa terra Galicia e sobre todo a súa vila Cambados,
ainda que grazas a internet está o día da situación politica e social cambadesa da que escribe uns artigos , baixo o meu punto de vista, excepcionais. 
Ricardo coa súa familia.
Tenos de todos as clases, serios, irónicos, algun que outro “punzante”, pero escribe dun xeito que faise entender por todo o mundo e fala moi claro. Moita xente cando empezou a escribir neste blog, preguntabame si era eu o que facia os artigos e poñia un seudonimo, a todo mundo lle dicia o mesmo, ogalla eu soubera escribir a metade de ben que o  fai Ricardo. Por certo, é para min un honor que citara a este humilde blog, polo que lle dou as grazas. Podes mirar todos os artigos de Ricardo premendo AQUÍ., e o artigo completo de A Voz de Galicia a continuación:

Ningún comentario: