11 de dec. de 2012

LUIS ARAGUNDE, RAJOY E A ESTATUA DE FRAGA PROTAGONISTAS NUN VIDEO MONTAXE EN YOU TUBE

Hai un canal en you tube que se denomina Canal Spidium, que polos videos que pon , case con toda seguridade sexa de Cambados, acaba de colgar dous videos que son  do mais
inxenioso e mais simpatico que se viu ate o de agora na rede , os dous están progonizados polos mesma personaxes, Luis Aragunde, a estatua de Fraga e Mariano Rajoy. 
O primeiro  tratase do famoso «Gangnam Style» (é un sinxelo de 2012 do cantante surcoreano de rap PSY, cuxo son combina música dance/electrónica e rap.1 A canción foi lanzada o 15 de xullo e debutou no posto número un en Gaon Chart, a lista musical nacional de Corea do Sur. O seu vídeo musical recibiu máis de 930 millóns de visitas en YouTube sen tomar en conta as visitas do sinxelo subido a canles non oficiais e a versión estendida non oficial, as cales representan un 25 por cento adicional aproximadamente , o que o converte no vídeo máis visto de 2012 e o máis visto da historia de YouTube. Esperemos que este video que está de “puta madre” sexa o mais visto polo menos en Cambados.  É un bo xeito de felicitar o nadal os teus amigos.
O segundo dos videos é unha versión dun tema denominado Superman, aquí vos deixamos as súas ligazóns (PREME NAS MESMAS): 


Ningún comentario: