11 de dec. de 2012

VERTEDOIRO ILEGAL NA PRAIA DE TRAGOVE, DENUNCIA DO BNG.

O Blog do BNG de Cambados, acaba de publicar a denuncia do seu portavoz Victor Caamaño dun novo vertedoiro ilegal, esta vez ¡¡¡ESCÁNDALOSAMENTE!!! na praia de Tragove,
raiando o delito ecolóxico.
Victor di no escrito  que  o pasado 27 de novembro púñame en contacto con vostede (refirese ao Alcalde)  para solicitarlle a eliminación dun vertedoiro incontrolado en Castrelo e alertarlle do perigo de proliferación deste tipo de puntos de vertido ilegal de residuos cando non son eliminados de xeito inmediato. Hoxe póñome, novamente, en contacto con vostede para facerlle unha solicitude semellante á anterior, pois na pista de beiramar  de Tragove, a poucos metros da EDAR  está a proliferar outro vertedoiro incontrolado que, segundo veciños/as, comezou cunha pequena acumulación de entullos de obra pero que actualmente xa contén moi diferentes restos de materiais de refugallo. 
Volvo a alertar, de xeito reiterativo, que resulta urxente eliminar canto antes este tipo de vertedoiros para que a súa presenza non incite a outros, posibles, infractores a seguir botando máis residuos neles. Tamén reitero que para evitar que os vertedoiros incontrolados  vaian converténdose nunha problemática endémica do concello (cando, en gran parte isto xa se tiña xa superado) que se faga unha maior e mellor  promoción do Punto Limpo de Cambados (informar da súa ubicación, dos horarios de atención ao público e dos tipos de residuos que nel se poden almacenar) xa que a práctica totalidade dos residuos depositados nos vertedoiros ilegais poderían ser almacenados no Punto Limpo do noso Concello de sabelo as persoas que cometen este tipo de infraccións.
Victor pidelle a Luis Aragunde  que sexa eliminado o lixo deste vertedoiro ilegal e que, no futuro, sexan realizados controis periódicos, preventivos, polas zonas máis afastadas das vivendas para tentar evitar que  este tipo de feitos se fagan tan habituais. 







Ningún comentario: