24 de xan. de 2013

“A LA RUEDA, RUEDA DE PAN Y CANELA”

No derradeiro congreso dos peperos en Lugo, protagonizado pola corrupción que asola este partido (ou empresa de recadar cartos como che chaman algúns), caeume a alma o chan cando vin o Secretario excedente do Concello
de Cambados a sazón vicepresidente do Goberno de nación, o ínclito Rueda,  chorar case de emoción cando dicía “os políticos tamén temos familia”.  Que morro ten este fulano, que cara coma un zapato ten este individuo, hai que “foderse” por non dicir outra cousa. 
Primeiramente dicirlle a todos os cambadeses que o Vicepresidente do goberno da nosa nación é Secretario en excedencia no Concello de Cambados, praza que manexan o seu antollo poñendo  dixitalmente a quen lle sae do dedo neste posto, e por suposto afín a súa “corda”, se o vicepresidente da Xunta tivera un pouco de decencia e de vergoña debería deixar liberada a praza a un secretario de concello coas oposicións aprobadas, e non infestado politicamente,  como debería ser.
O pai de Rueda xa foi alto cargo co PP
Doutra banda a frase famosa “os políticos temos familia”, Rueda debería de cambiala pola seguinte “os políticos do pp sóbranos os cartos”.  Familia “querido” Rueda teñen os seis millóns de parados que hoxe acabamos de coñecer, familia temos os funcionarios que cada vez lle recortas o soldo despois de haber prometido en campaña e dito que xa fixeramos bastantes sacrificios, familia ten aquel que esta no paro e non cobra prestación, familia ten aquel que pecha o negocio por que non reactividades a economía, familia teñen os centos de mariñeiros que van o paro porque cada vez acurtades as cotas en todas as especies, familia teñen aqueles que van buscar a comida que os super tiran cada día a basora en Cambados e en moitas localidades do noso pais.
"Catro pes" para un banco.
Familia teñen os empregados do parador que van ir o paro, familia teñen os empregados Nova Caixa Galicia que en número case de mil para o mes engrosan as filas do paro, familia teñen as empregadas de Alfageme e Cuca que están na rúa papando frío coas súas protestas porque non facedes mais que favorecer a certo empresario da Ria de Arousa norte que está nas vosas filas, en fin podía seguir numerando ata encher páxinas e paxinas deste blog. Estes si que teñen familia sufrindo, pasando calamidades e nalgúns casos fame. A túa familia Rueda vive na opulencia e o que din de ti e dou teu partido vaiche no soldo do que eles son participes. Ou pensas que pasan apuros a familia de Louzán, de Tourís ou de Aragunde, vivindo na opulencia, mercando pazos, mercando vontades e mercando de todo. Non sexas "capullo" Rueda  e pensa precisamente nas familias dos mais necesitados e non da dos políticos do teu partido que reciben sobre soldos en sobres entre 5.000 e 15.000 euros cada mes, anda e vai rañala.

Ningún comentario: