25 de xan. de 2013

BOOM INFORMATIVO: O XULGADO NUMERO 2 DE CAMBADOS ADMITE A TRAMITE A DENUNCIA CONTRA A ABERRACIÓN DO PINAL DE MAZA

LUIS ARAGUNDE, TOURIS, LOUZAN, E  RAMIRO BLANCO  BAIXO SOSPEITA.
O BNG  de Cambados ven de publicar no seu blog que a denuncia  presentada por este grupo polos delitos presuntamente  cometidos no lugar coñecido como Pinal de Maza foi admitida a trámite. 
Estes tres están no "allo", con toda
seguridade.
Como é coñecido polos medios de comunicación, o BNG realizou una gran número de denuncias Administrativas sobre o cúmulo de irregularidades cometidas por membros do PP con respecto ás obras realizadas no Pinal de Maza, en Cambados. Tamén é sabido que as diferentes Administracións gobernadas polo PP preferiron ollar cara a outro lado e non dar unha resposta contundente ante as continuas denuncias do BNG en referencia a este caso. Esta situación propiciou que o BNG tivera que presentar unha denuncia xudicial nos Xulgados de Cambados. 
Con data do pasado 17 de Xaneiro foi  notificado ao seu grupo político, que no Xulgado de Instrución Nº 2 de Cambados, están a seguirse Dilixencias Previas Nº 1360/12,  no que aparece como denunciante, o portavoz municipal do BNG, Víctor Caamaño Rivas. 
Todos están implicados, dun
xeito ou doutro no asunto.
Estas dilixencias foron incoadas por mor da denuncia presentada por este grupo político, e da cal xa facilitaron amplo coñecemento a todos os medios de prensa e que se pode  lembrar premendo na seguinte ligazón http://www.calameo.com/read/0003439596e260243cff2. O mesmo xulgado  particípoulles os membros do BNG  que as dilixencias séguense por un posible delito contra da ordenación do territorio e outro posible delito contra os recursos naturais  e o medio ambiente e que na actualidade atópanse en trámite de investigación habéndose librado distintos oficios, interesados na denuncia, aos respectivos organismos. 
Fixeron o seu traballo como debian.
 Contra os recursos naturais, contra a ordenación do territorio e son só algunhas das acusacións que o Bloque Nacionalista Galego de Cambados incluíu na denuncia que presentou nos xulgados pola tala indiscriminada  do Pinal da Maza.
O BNG  acudieu ao xulgado para tratar de que se diriman responsabilidades dunha actuación na que fallaron, a entender dos nacionalistas, todos os mecanismos de control públicos que debería haber habilitado o Concello de Cambados, beneficiando, supuestamente, a persoas moi próximas ao Partido Popular. 
TEMOS "CASO BARCENAS" EN
CAMBADOS.
Os nacionalistas creen que é necesario esclarecer unha serie de cuestións sobre a actuación do propio Concello de Cambados neste tema como son si exístia licenza municipal, certificación da catalogación dos terreos ou os motivos polos que se conectou toda a parcela ao alcantarillado. A maiores, tamén esixen que se requira aos propietarios de Dismaterra S.L. (propiedade de Ramiro Blanco e de Touris) e Cancelo C.B. (nesta empresa consta como unha das representantes a muller do propietario da empresa CCS que é a fai todas obras en Cambados, coa anuencia de Luis Aragunde, que hai quen di que tamén está relacionado con Cancelo CB, así como Louzán que tamén se comenta que está relacionado con esta asunto pois a Deputación de Pontevedra construeu o muro de pedra gratis para estas empresas) documentación sobre as súas escrituras de constitución das sociedades a fin de coñecer aos seus compoñentes e si entre eles atópase o delegado da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, Luis Aragunde ou Rafael Louzán, entre outros. Tamén reclaman informes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) e da Policía Local, antes de comezar a citar aos imputados.
A Policia local tivo intervención
directa no asunto.
Na súa denuncia, os nacionalistas se retrotraen ao mes de febreiro do 2012, cando comproban como no Pinal da Maza comezaron a realizarse o que consideran "movementos de terras" para viñedo tras haberse rexistrado unha talla de forma indiscriminada, sen respectar as especies protexidas que se indicaban no permiso outorgado pola Xunta para a mesma. Movementos de terras como ese "necesitan licenza municipal" e a actuación incumpliría o Plan de Ordenación do Litoral (POL), "normativa de rango superior ás Normas Subsidiarias de Cambados, o cal establece que o Pinal dá Maza é un espazo de interese, ou o que é o mesmo, de alto valor paisaxístico que o converte en incompatible con actividades e construcións agrícolas".
Para burla dos cambadeses e da xustiza, seguen a
traballar nun sitio corrupto.
A "aberración forestal" tiña dous expedientes abertos no Concello. No primeiro, os solicitantes eran a empresa Dismaterra, representada polo edil do Partido Popular Ramiro Gómez Branco e por María do Pilar Blanco Abal, a esposa do delegado da Xunta, onde solicitan permiso para "facer emparrados". O mesmo permiso reclama no segundo expediente a empresa Cancelo C.B..
O que chama a atención dos nacionalistas é que "para realizar a obra, as dúas empresas solicitan simplemente permiso para cultivo de albariño ocultando, co amparo do Concello de Cambados, que facer emparrados nesas parcelas significaría, ademais dunha talla, un movemento de terras".
O pinal de Maza masacrado.
Nos dous expedientes, destacan no seu escrito de denuncia os nacionalistas, o arquitecto municipal insiste en que debía solicitarse autorización autonómica para esta actividade pola presenza nas inmediaciones de bens culturais, así como unha avaliación do impacto medioambiental ao estar catalogada a zona como "chan rústico de protección forestal". Para converter en viñedo o Pinal dá Maza era necesario entón un "cambio na cualificación urbanística da zona e é necesaria unha modificación nas Normas Subsidiarias a través dun pleno, informe da Xunta, exposición pública e aprobación definitiva, trámites que non se deron".
A tala  estaba acabada ao término do mes de febreiro de 2012, e resulta paradoxal para o BNG, e así o fai ver no escrito de acusación que "os solicitantes, Ramiro Gómez e Pilar Blanco (muller de Touris) soliciten permiso logo de empezar as obras, e ambos sexan representantes institucionais do Partido Popular ou estean vinculados a eles". Os nacionalistas resaltan que as obras continúan en marcha a día de hoxe, pero que "houbo polo menos dúas intervencións da Policía Local no Pinal dá Maza, unha o día que procederon á calcificación do terreo, e a outra por inundacións a mediados do pasado mes de outubro, algo que negou o propio alcalde de Cambados, Luís Aragunde" en sede plenaria, aquí algén minte ou Luis ou a Policia Local xa que o BNG aportou fotos da intervención da local neste asunto. Na demanda, os nacionalistas tamén aportan documentación que han ir solicitando e informan de que organismos públicos non lla facilitaron para "non prexudicar aos do seu mesmo cor política". Ademais do delegado territorial, os nacionalistas sinalan ao actual rexidor de Cambados por "non facer nada para impedir tállaa indiscriminada nin o movemento de terras" e permitir a conexión das augas ao alcantarillado.
O BNG cumpreu de sobra co seu traballo, agora quenes deben actuar son o Ministerio Fiscal e o Xuiz, pois materia neste caso teñen dabondo. Tamos Caso Barcenas ou similar en Cambados.


1 comentario:

o quinto dixo...

moi ben feito por parte do bloque, non se trata de que na ten mais larga,como di paco trigo pero no unico sitio donde se pode parar o asoballamento caciquil continuo contra o pobo desta xente e nos tribunales, sobre todo cando as demais administracions complices porque son do mismo partido,e son eles mismos miran po outro lado e fanse millonarios ,eu non estou de acordo co conto de que non se ten que xudializar a politica que levo oindo 55 anos e que nunca valeu pa nada, si ti sabes de un delito e non o denuncias eres complice, coma eles