24 de xan. de 2013

A MALA XESTIÓN DE BENITO PELEA ABOCA A CONFRARIA A UN ERE

Viase vir, despois da lectura dos distintos orzamentos do Cabildo presidido por Benito Pelea, mentras que estiveron con el , os que agora son oposición, a Confraria marchaba
vento en popa, pero dende que se foron a xestión do presidente do Cabildo  foi a peor con deficit nos derradeiros anos, cando o primeiro habia superavit, polo que a confraría de Cambados vese abocada a pedir un ERE  pola pésima xestión de Pelea quen non é capaz de xenerar  ingresos, para a mesma, para el si que é capaz e nos remitidos os datos da querela presentada contra él en Santiago pola Fiscalia onde vai  declarar o vindeiro 1º de marzo.
A nefasta xestión do Patrón Maior e todo o seu equipo  fixo que o  pósito facturara en 2012 máis dun millón de euros menos que en 2011 pola caída de vendas e os problemas co berberecho e a ameixa - 
A cofradía de Cambados que da traballo a 24 persoas tamén aparte  de padecer a crise económica,   está ultimando unha reestructuración de gastos que probablemente derive nun Expediente de Regulación de Emprego (ERE),  senon “amordazara” a un sector como o dos Rañeiros que sempre ten  a Espada de “Damocles” nesta caso de Benito encima das suas cabezas, outro galo lle cantaría. O pósito cambadés ten a 24 persoas en nómina, e os seus ingresos proceden fundamentalmente da porcentaxe de ingresos da venda de peixes e mariscos na lonxa, así como do xeo que dispensan na fábrica de Tragove, en troques Porto de Cambados que comercializa vieira e depende da confraria non ten perdas.
Pero os ingresos caeron en picado nos últimos meses porque dende o Cabildo non hai ideas, o seu presidente só sabe encher o seu peto, polo que parece das acusacións de Agamar. Si outros anos a confraría facturaba aproximadamente uns sete millóns de euros, no último exercicio nin sequera chegou aos seis. E posto que as perspectivas para 2013 tampouco son excesivamente halagüeñas, o cabildo non lle queda mais remedio que  aforrar. E cal é mellor método de aforrar para Pelea  pois recortes no capítulo de persoal.
"Son medidas duras, pero que hai que exercer por responsabilidade", sostén González.  Non “Jonsáles”,  son medidas que se podian evitar se te dedicaras a traballar de arreo pola confraria e non te dedicaras a outros “menesteres” como ben denunciou Agamar. Benito  tamén é presidente da Federación Galega de Confrarías, e a veces con tanto “chollo” non sabe a quen atender.. 
O pósito cambadés dá traballo a 24 persoas, entre o equipo administrativo de oficina, o de lonja, os vixiantes ou os da fábrica de xeo. Aínda  se están realizando as contas para ver en que medida o recorte afectará a cada empregado, Benito González avanza que a intención do cabildo é que a medida afecte a todos dalgún xeito, para que ninguén se quede na casa demasiado tempo, co que o ERE sería temporal e rotativo para o persoal.
O patrón maior relaciona esta situación coa drástica redución de ingresos pola venda de peixes e mariscos, tanto relacionada coa crise e a baixada do consumo, como co feito de que en 2012 houbo unha gran mortandad no berberecho, o que afectou considerablemente á agrupación de mariscadoras a pé, e coa escaseza de almeja que están sufrindo os rañeiros, estas son excusas, somentes son excusas nas que se ampara Benito para agochar a súa nefasta xestión a fronte da Confraria.
O problema ven agora, a quen se vai botar primeiro si os “pelotas” de Benito ou os traballadores responsables que por suposto tamén os hai dentro da Confraria,  e algúns deles lectores asiduos deste blog. Que vai facer Benito? Esta é a gran incognita que probablemente terá solución en poucos días. Pensamos que os traballadores nunca creeron chegar a esta situación para a xestión do actual equipo que goberno da Confraria non pode ser peor, segundo os propios mariñeiras sinalan. 

1 comentario:

A TI MEU CAMBADOS dixo...

UN RAÑEIRO DIXO:
Os dous ultimos anos pasouse dos 8 millons€ os 8 vixiantes pagamolos o marisqueo a PE e a FLOTE co as cuotas que pagamos cada mariscador e mariscadora e unha subencion da Conselleria.Fai 4 anos xa denunciamos o despilfarro desta xente .Votaron xa a varios empregados fora por non rendirñe pleitesia e ouvos que indennizar,denuncia a canto socio hay por non ser da sua corda,e os abogados,procuradores,dietas del,porque denuncia a xente e por riva cobra