24 de xan. de 2013

O NARCOTRAFICO COLAPSA OS XULGADOS DE AROUSA.

E DURO DICILO,  PERO O NARCOTRAFICO NON TEN SOLUCIÓN,  E AUMENTA EN
ÉPOCAS DE CRISE.
O fin de semana pasado o Centro de Formación Marítima de  Bamio convirteuse novamente no  punto de atención en materia de narcotráfico. 
Tain, un xuiz desaproveitado para a
loita contra o narcotráfico.
Un problema que pese as medidas que se tomaron ate o de agora é moi difícil de erradicar  do estado español, por non dicir imposible,   por moitos motivos,  pero entre outros porque a delincuencia organizada sempre vai un punto ou dous  por riba dos estamentos policiais, en parte debido a escasez de medios destes colectivos agudizada  estes anos pola eterna crise onde se están a suprimir unidades e medios e non falemos xa nada dos soldos, e este é un capitulo moi importante pois cando mais feble é a capacidade económica do funcionario mais doado e mercalo polas redes mafiosas.  A represión,  e polo de agora,  foi a única maneira de combatir esta lacra impregnada na nosa sociedade e chegamos ata certo punto ata tela como normal a xente e os políticos. 
Irene Roura, outra xuiz  da que non
se aproveita a súa sapiencia no tema.
É evidente que narcotráfico e política van xuntos da man e iso non o digo eu, públicamente un narcotraficante convicto e confeso cambadés  declarou a revista Vanity Fair que tiña subvencionado campañas de partidos políticos,  e na actualidade altos cargos provinciais e locais  son amigos e danlle  participación en negocios a narcotraficantes ou familiares destes . Está tan impregnado na sociedade que ate os podemos ver participando en actividades religiosas como se nada, tivemos a ocasión de ver presidentes de entidades deportivas, futbolistas, profesores, periodistas,  avogados, xuices, policías, sacerdotes, funcionarios etc todos misturados en actividades sociais como se non pasara nada. Quen na comarca,  non ten un primo, un sobriño, un amigo da infancia, un fillo, un familiar político misturado co narcotráfico. Nunha ocasión Benito Leiro actual xefe de prensa do concello de Cambados, fixo unha brillante exposición no Parlamento de Galicia a prol da legalización das drogas que pasou prácticamente desapercibida,  e aquí,   e o meu xuizo,  está o quid da cuestión, hai duas formas de acabar co narcotráfico hoxe en día,  unha é a legalización das drogas o cal suporia o acabar co negocio e por tanto coas mafias seria un traballo árduo e difícil e case  que se me apurades utópico porque non  seria unha cuestión dun só pais, senón que tería que aceptarse a nivel internacional e iso e moi , pero que moi difícil. 
A xuiz Marisol, vive o problema dia a
día.
A outra medida  seria unha actuación seria, contundente, impecable, e tamén case utópica nos tempos que vivimos,   sobre os testaferros, pois a administración e enfarrogosa e odisamente teimuda. Hai veces que me rio, por non chorar, cando a prensa di “descabazada tal organización”, “La policía acaba con la organización de fulanito de total” etc. son novas ilusas, pois son ceses temporais destas organización, porque unha vez pasado o temporal, ven a calma, unha vez tomadas as medidas oportunas polos xuices de instrucción e as prisións provisionais correspondentes, remitense as causas a Audiencia Nacional onde os poñen inmediatamente en liberdade baixa fianza, pois normalmente tarda en retomar a causa unha media de catro anos. 
O peso das instruccións nestes procedementos, agora mesmo,  levao normalmente os Xulgados de Instrucción, procedementos latosos, a veces inacavables, insoportables, que requiren a atención de xuices, secretarios e funcionarios, ademais teñen prioridade absoluta pois hai que dispoñer sobre a situación personal da xente detida, é urxente sacar estas causas do xulgados de instrucción nalgúns casos son o motivo do seu colapso. Non sei se a solución está por crear xulgados especificos de narcotráfico, coido que o Consello Xeral non está pola labor, ou crear mais xulgados centrales de instrucción, o que teño claro é que a solución non son ter estes monstruos procedimentais nos xulgados de instrucción de Arousa, son unha ruina , en todos os sentidos, para todos.

Ningún comentario: