31 de xan. de 2013

A REFORMA LABORAL A DEBATE EN CAMBADOS.

A VER PARA CANDO UNHA XORNADA SOBRE A PREVARICACIÓN. 
Profesionais da xustiza achegarán a reforma laboral á cidadanía en Peña.
O salón de José Pena acollerá o día 2 de febreiro unha xornada sobre o novo marco xurídico dos despedimentos colectivos, coa participación de profesionais da abogacía e a judicatura. A inscripción é gratuita pero o aforo é limitado.
O acto está organizado polo despacho de avogados cambadés Miguélez e Asociados e pretende ofrecer unha visión práctica do entramado xurídico e administrativo da normativa dos despedimentos colectivos e os contratos de formación. Non é a primeira vez que pon en marcha este tipo de iniciativas, destinadas a achegar temas de interese xeral á cidadanía nun acto participativo, aberto á aclaración de dúbidas.
A xornada desenvolverase entre as 10:30 e as 13:30 horas, tempo durante o cal abordaranse diferentes temas. Despues da inaguraciòn sucederanse as charlas. O primeiro en intervir será Iván Pavía, director de Pavía Asociados, unha empresa dedicada a dar un servizo integral en recursos humanos, e que disertará sobre o contrato de formación, como nova ferramenta laboral. Seguiranlle Óscar Portas, avogado de Miguélez e especialista en dereito laboral, que falará dos expedientes de regulación de emprego trala entrada en vigor da nova reforma laboral; Fernando Cabezas, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, dará un relatorio sobre a jurisdicción social e os despedimentos colectivos, en canto a procedementos e resposta actual; e para concluír, celebrarase un coloquio moderado polo jurista Bernardo Deus, do despacho organizador. As inscripciones poden realizarse en correo conchicarrera@miguelezasociados.es
Seria tamén interesante unha xornada sobre o delito de prevaricación,  estamos seguros que estarian moi interesados nel Aragunde, Touris e Louzán, serian alumnos aventaxados.

Preme no programa para velo ampliado.


Ningún comentario: