31 de xan. de 2013

CHOLO DORGAMBIDE, É UN MALEDUCADO, SINVERGONZA E "GAMBERRO"?

Cholo Dorgambide é un concelleiro do PP de Vilagarcía de Arousa a onde chegou despois de que a seudo formación pola que saíu elixido IVIL Vilagarcía desapareceu para xubilarse Rivera Mallo, o seu número  1,  no Senado.
Cholo Dorgambide ía de número 2 desta “formación”.  
Nachortas  maxistral con Dorbambide.
Evidentemente Cholo Dorgamibe é un home reaccionario raiando a ultra dereita, e no derradeiro pleno de Vilagarcía desprezou a un idioma o que amamos todos con chulería e retranca. Pero é Cholo Dorbambide un maleducado?, segundo a segunda acepción do Dicionario de lingua galega  define maleducado como descortés, irrespectuoso e incivil, a frase de Cholo Dorgambide  “hablare gallego cuando me salga de los puntos suspensivos”, pode entrar perfectamente nesta definición. É Cholo Dorgambie un sinvergoña?, a segunda acepción do dicionario di que sinvergoña e unha persoa que comete actos ilegais en proveito propio ou que incorre en inmoralidades, evidentemente para moita xente a frase que dixo Cholo Dorgambide  cometeu unha inmoralidade. 
Como mellor está Cholo
coa boca tapada.
É Cholo Dorgambide un "gamberro"?, define tamén na segunda acepción dicionario como persoa que comete actos de grosería ou incivilidades, para moitos galegos falantes  este señor o dicir esa frase cometeu un acto de grosería e incivilidade.  E entón Cholo Dorgambide un maleducado, sinvergoña e "gamberro"? despois do exposto vos mesmos tedes que pronunciarvos. O que  si dicimos nos é que os nosos veciños non teñen nin deben sufrir elementos como este  que o único que saben e cravar “os vilagarciáns” coa famosa zona azul. Estamos da cordo dende logo co BNG e ANOVA  de Vilagarcía, si tivera decencia este señor debería dimitir polo ben de Vilagarcía. E por suposto fixo moi ben o BNG abandonar o pleno  o escoltar frases como a do elemento en cuestión. Por certo escribimos este artigo por que nos sae dos puntos suspensivos.

1 comentario:

o quinto dixo...

este individuo e todo eso qe ti dis e moito mais ,con dicionario e mais sin el, dame asco incluso falar del, como galego orgulloso que son do meu idioma,que por certo o tiben prohibido nos meus tempos de escola por culpa dun pequeniño de ferrol que pensaba igualiño a el