1 de feb. de 2013

O XULGADO DE CAMBADOS ARQUIVA A QUERELA DE PELEA CONTRA CARLOS MARTINEZ E PAULO RIAL

DE CONFIRMARSE O ARQUIVO PODERIA SUPOÑER UNS GASTOS PARA A CONFRARIA DUNS 6000 €,
RESULTANTE DAS CUSTAS PROCESUAIS.
Paulo Rial en primeiro térmo e Carlos
de terceiro sempre estiveron
tranquilos.
O letrado dos querelados Alberto Muñoz comunicanos que no día de onte procedeuse o arquivo da querela presentada no seu día  por Benito Pelea contra Carlos Martinez, presidente dos Rañeiros de Cambados e Paulo Rial, membro da directiva. Alberto Muñoz facilitounos unha copia íntegra da resolución pola que se acordaba o arquivo do procedimento a este blog, o que lle agredecemos sobremaneira.
Lembremos que a querela presentada por Benito Pelea era por un presunto delito de calumnias e injurias, Benito denunciaba que o día 30 de setembro de 2010 nunha reunión de Marisqueo a Flote na confraria de Cambados, e baixo unha asistencia, segundo o querelante de 100 persoas, e no intre en que Benito estaba a falar da embarcación Tragove os querelados  interrumpiron a Benito para dicir que a embarcación Tragove lle colocaran un motor usado, ante a insistencia de Benito de que toda a embarcación era nova  e que se podia comprobar a documentación os querelados contestaron que os papeles non serven para nada que se “falsifican” para a obtención da subvención. Todo esto segundo versión do querelante. 
Os principais mentores de Benito.
O letrado Alberto Muñoz participanos que despois da proba practicada pola xulgado  declaración de querelados e testemuñas quedou medianamente claro  que a intención dos querelados non era inxuriar nin calumniar senón de constatar uns feitos, e por riba se engadimos a documental solicitadoa polo letrado ven a rematar todo no auto que onte dictou o xulgado de Cambados, que  nalgúns aspectos é demoledor , segunda nos comenta o propio letrado, así recoñece o  auto do  xulgado que: 
Mariano Rajoy e Pelea están a
pasar intres moi díficiles.
“””A "exceptio veritatis" actúa no proceso penal como un verdadeiro medio de defensa de xeito que a activación da mesma está na man de quen produce e transmite a presunta información delituosa, pois, como é doutrina jurisprudencial de lonxe, as imputacións calumniosas se reputarán como falsas mentres non se probe o contrario polo calumniador.  Aplicado o anterior ao caso que nos ocupa, debemos sinalar que as expresións proferidas polos querellados son absolutamente proporcionadas e lexítimas, limitáronse a expresar, na reunión dunha Corporación á que pertencen, as súas sospeitas, que resultaron fundadas, de que o prezo percibido polo barco non era o que realmente custara este, o que ejemplificaron sinalando que o motor parecía usado. 
Os dous eran  moi legais, pero.....
Atopámonos no ámbito do dereito á liberdade de expresión dos querellados, pois expresaron os seus xuízos persoais e subxetivos, crenzas, pensamentos e opinións, tal e como sinala a xurisprudencia alegada, sen pretensión de sentar feitos ou afirmar datos obxectivos, senón que dixeron que lles parecía que o motor era usado, como apuntaron todas as testemuñas, polo que, este libre exercicio e dereito de opinar, só se ve limitado pola ausencia de expresións intrínsecamente vexatorias que resulten impertinentes e innecesarias para a súa exposición, e ningunha expresión en tal sentido proferiuse fronte ao patrón querellante, tal e como resulta da causa 
Todo PP "apoiaba a Pelea, agora xa
son menos.
Non se lle insultou, nin vexou, nin inxuriou, só lle dixeron que lles parecía que o motor da embarcación era usado, e ao responder o querelante que tiña os papeis en regra dixéronlle que os papeis poden fácilmente falsificarse. 
Tal e como se indicou, a liberdade de expresión non é só a manifestación de ideas senón que comprende a crítica da conduta doutro, aínda cando poida molestar, inquietar ou disgustar a aquel contra quen se dirixe porque iso requíreo o pluralismo, a tolerancia e o espírito de apertura, sen os cales non existe unha sociedade democrática, pero «fóra deste ámbito de protección sitúanse as frases e expresións ultrajantes, calumniosas e ofensivas», o certo é que o querelante é o Patrón maior da Cofradía á que pertencen os querelados, polo que a crítica á súa xestión sen dúbida atópase dentro do ámbito protexido pola liberdade de expresión, máxime cando, como ocorre no presente caso, non se proferiron expresións ultraxantes nin ofensivas, senón feitos obxectivos e con suficiente fundamento. 
Carlos Martinez é o "motor" do
cambio na Confraria.
Ademais, a calumnia supón a imputación dun delito que é eminentemente falso, o que significa que debe ser subxetivamente inveraz, ben porque se levou a cabo a propósito do seu inexactitud, ben porque se procedeu con desprezo absoluto cara á verdade, e nada disto ocorre na actuación dos querellados”””
Evindemente esta resolución é recurrible, pero polo que se ve  , caso de presentarse ten poucos visos de prosperar.
A todo isto hai que engadir a nova de “El Pais”, na que dicia que o Fiscal de Pontevedra  acusaba a Confraria de Cambados de estafar 100.000 euros na subvención solicitada para mercar este barco.
Caso de ser firme a resolución, a Confraria veñe outro problema, pois esto xeneraria unha custas, que teria que abonar o querelante neste caso Benito Pelea e a Confraria, unhas custas que poden andar sobre os 6.000 euros aproximadamente. Como dicia o outro “Tú, que no puedes, llevame a cuestas”. Benito Pelea dun tempo a esta parte ven a ser un verdadeiro lastre para o PP de Cambados, algunhas voces neste partido  están a dicir que hai que deixar de apoiar a este home que non trai mais que problemas, pero foi unha aposta personal de Luis Aragunde, Touris e Louzán e os demais tiveron que "mamala". 

EN YOU TUBE XA LLE ADICARON ESTA CANCIÓN O PELEA:
     

Ningún comentario: