1 de feb. de 2013

A CAMBADESA ARACELI BUGALLO ÁLZASE CO OPEN NACIONAL DE ESGRIMA

A cambadesa gañou os tres duelos que disputou en Santiago en categoría absoluta.
A celebración do Open Nacional de Esgrima no pabellón de Pontepedriña de Santiago deixou a vitoria en categoría absoluta de Araceli Bugallo.
A tiradora cambadesa, campiona de España en varias ocasións, realizou un campionato moi completo superando ás tres rivais que lle saíron ao paso na categoría absoluta.
Na eliminatoria de cuartos de final, Bugallo librou un combate moi pechado con Rosa Jiménez, pertencente ao Cardeal Cisneros de Madrid, á que superou por un axustado 15-14. O mesmo resultado repetiuse no emparejamiento de semifinais ante a viguesa Olalla Neto, pertencente ao Club Olivo de Vigo.
Xa na final, Araceli Bugallo mediuse a Rosa Cano, tiradora pertencente ao Cidade de Vigo. Logo de dominar con lixeiras vantaxes o combate, a cambadesa terminou alzándose co título grazas a un 15-13.

Ningún comentario: