1 de feb. de 2013

ESCÁNDALO MAIUSCULO EN CAMBADOS

MENTRES O ALCALDE LUIS ARAGUNDE E LOUZAN ESTÁN DE VACACIONS
EN FITUR O COLEXIO MAGARIÑOS DE CAMBADOS DÁ CLASE ENTRE PINGUEIRAS
Os alumnos non poden facer ximnasia no patio pola humidade da pista.
Os alumnos e profesores deben convivir coas pingueiras ata o punto de ter que dar clase co cubo á beira dos pupitres mentres o noso Alcalde Luis Aragunde está de vacacións en Fitur-Madrid na compaña doutros palanguins do seu partido caso de Louzán . O problema das filtracións de auga non é novo pero, coa pluviosidad que está habendo este outono-inverno, agrávase cada vez máis. A reparación do tellado está considerada como unha obra de mantemento, por iso é polo que corresponda ao Concello e non á Consellería de Educación intervir neste caso.
As pingueiras cebáronse cos corredores e varias aulas, onde ademais de caldeiros foi necesario mover mesas e cadeiras e acoutar zonas para que os alumnos non se mollen mentres fan os exercicios de matemáticas ou de lingua. E como as humidades non entenden de xerarquías, tamén se coaron no despacho de dirección, onde foi necesario mover o computador e a mesa para evitar que se empapasen.
Os mestres están ata os....
No centro levan meses aguantando este problema con resignación. Polo que terán que seguir esperando é pola prometida reforma do patio exterior, onde os alumnos fan ximnasia, cando poden. A pista só está cuberta por arriba, de maneira que cando chove moito ou o fai con vento, a auga cóase polos laterais e alaga a cancha, deixándoa esvaradía. Ante o perigo que representa esta situación, hai meses que os docentes optaron por suspender as clases de educación física no exterior, o que obriga aos nenos a facer estiramentos dentro da aula.
O revestimento do patio exterior inclúese na segunda fase dun proxecto que aprobou a Consellería de Educación por valor de 400.000 euros.
Obras pendentes
A primeira fase permitiu construír o comedor e reformar a biblioteca o pasado curso, pero da actuación no patio nada se volveu a saber, a pesar de que o conselleiro Jesús Vázquez visitou o pasado verán o centro para corroborar o compromiso do seu departamento.
No colexio consideran que, unha vez que se obre no exterior, debería aproveitarse a ocasión para facer unha infraestrutura o máis completa posible de modo que, ademais dun pavillón cuberto, constrúase un ximnasio en condicións. Namentres non chega o ansiado investimento, os rapaces deberán seguir conformándose con botar unha carreira nos días secos porque, coa que está a caer, a pista do patio queda clausurada. E a estas alturas, é improbable que a solución chegue xa para este curso.
O noso alcalde de vacacións
O problema de infraestrutura que padece o Antonio Magariños propiciou unha pregunta parlamentaria por parte do BNG interesándose polos plans de Educación a este respecto. Todos os pais están dacordo coa idea que plantexou o BNG para este centro na campaña das pasadas eleccions locais  que era eliminar as casas dos metras que son verdadeiros idos de ratas e facer ali un pavillón, zona de lecer para os nenos e aparcamentos para o xulgado, podedes ver o croquis a continuación: 


Ningún comentario: