1 de feb. de 2013

LUÍS ARAGUNDE ACUSA FALSAMENTE O BNG DE CAMBADOS DE LANZAR O “BULO” SOBRE COMPRA DO PAZO EN MORAÑA.

RESULTA QUE É UN FAMILIAR DIRECTÍSIMO DE LUÍS O QUE  PROPAGOU  A  INFORMACIÓN.
O luns pasado o noso querido Alcalde Luís Aragunde estivo en directo no programa  “La Opinión”, programa por certo patrocinado polo Partido Popular, ou o que é o mesmo pola Deputación Provincial de Pontevedra, e  acusou  de xeito malicioso, ignorante, desapiadado  e sen fundamento de que fora o BNG  de Cambados o que largara o “bulo” de que mercara un pazo ou casa en Moraña. 
Nada mais lonxe da realidade “querido” Luís , a nova saíu do teu entorno e dunha persoa moi achegada a ti que llo contou as súas amigas, e como vivimos Luís nun pais de “cotillas”,  a nova foi estendéndose , como a corrupción se estende no PP ,  polo noso pobo  e segue a estenderse. Polo tanto querido Luís non acuses a ninguén  nin lances  falsos testemuños sen fundamento e pregunta  a algún dos teus familiares mais directos se andan a comentar algo o respecto. Nos xa sabemos Luís e coido que moita xente de Cambados grazas a o BNG tamén o sabe que és un “pouco trampón” pero para largar un infundo deste calibre en directo non sabiamos que foras tamén e o mesmo tempo  tan imprudente. Se tiveras un pouco de decencia  rectificarias, pero ti diso non entendes non o fixestes cando fai do das faltas de ortografia de Rafa  e menos o vas facer agora. Pero como dicimos aquí “collese mais un pronto a un mintereiro que a un coxo”.

Ningún comentario: