3 de feb. de 2013

O CAMBADÉS ADRIÁN LOSADA E A SÚA COMPAÑEIRA OLGA CREAN UNHA TENDA ONLINE DE MATERIAL CLÍNICO.

ESTÁN MOI SATISFEITOS DA MARCHA DO NEGOCIO POLO DE AGORA.
Adrián Losada e un rapaz cambadés que o “amor” levouno a vivir a Toreno (León), Adrián segue a ser pese a todo membro da famosa
"pandilla" cambadesa “Os Comepipas” e bota moito de menos a súa terra,  Adrián destacaba a nivel nacional como  todo un especialista en descensos en bici de montaña, e a crise parece ser que está agudizar o enxeño e en unión da súa compañeira Olga, montaron un tenda online de material clínico, coñecedores do tema puxémonos en contacto con Adrián para interesarnos mais a fondo sobre o tema  e este é o resultada da entrevista realizada co noso amigo :
-A TI MEU CAMBADOS.- De onde saiu a idea de crear esta tenda on line?
-ADRIÁN.- A idea foi cousa da miña moza máis eu, vendo o panorama económico e as saídas laborais, decidimos facer esta empresa.
Ela é fisioterapeuta, e ten unha clínica, a partir de aí sabemos cales son os mellores produtos e mellores prezos que podemos ofrecer aos nosos clientes  (posto que xa os usamos de primeira man). 
Vimos ademais varias vantaxes:
  * A compra vai directamente á dirección do cliente
  * Os clientes non teñen que ir a unha tenda física nun horario definido, posto que nese horario soen estar traballando, o que complica moito  ir de ''compras''.
  * Poden facer a compra dende a súa casa, oficina, móbil, sábados, domingos...
-ATMC.-Cal á razón de se adique a venta de produtos  de fisioterapia, podoloxía etc.?
- ADRIÁN.- A compra de subministro clínico (sobre todo en fisioterapia), está moi enfocado as tendas online, xa que hai moi poucos  puntos de venta especializados .
Ademais de ter a experiencia sobre o tema, xa que na nosa clínica traballan fisioterapeutas e unha podóloga.
-ATMC.- Tendes aparte  de oficinal virtual , oficina física?
- ADRIÁN.- Si, Estamos en Toreno (León) alí temos unha clínica e un almacén aberto ao público. Aínda que o maior volume de venta estase a facer por Internet.
-ATMC.- Quen estades metidos neste proxecto?
-ADRIÁN.- Somos unha empresa modesta, dous traballadores  que levamos o tema comercial e marketing (Olga máis un servidor), e unha pequena liña comercial que se adica á venta polas clínicas e hospitais.
Con vistas a ampliar "plantilla" e sobre todo territorio comercial, e conseguir ser unha empresa de grandes dimensións cos postos de traballo que iso implicaría.
-ATMC.- Aparte de ventas de produtos ofrécense outros servizos? (atención sanitaria, masaxes etc)
-ADRIÁN.- Logarsalud ofrece subministro clínico, dende material desbotable ata mobiliario clínico, o noso fin é equipar totalmente unha clínica, ou residencia de anciáns ao mellor prezo.
Atención de fisioterapia e podoloxía ofrecémola dende a clínica.
-ATMC.- Os cursos que ofrecedes son cousa da “empresa” e dicir dádelos vos ou é por medio doutras empresas?
-ADRIÁN.- Os cursos son a partir de outras empresas, agora mesmo estamos tratando varios proxectos para comezar a ofrecer cursos propios relacionados por suposto da nosa temática principal.
-ATMC.- Como vai a marcha do negocio polo de agora? 
-ADRIÁN.- A verdade, estamos moi satisfeitos pese os tempos que corren… Os nosos clientes unha vez fan unha compra con nos sempre repiten.
Temos o problema de que a maioría das compras fanse dende zonas fora de León ,e claro, para iso hai que pagar antes do envío, e o que a xente lle tira para atrás ao pensar, ¿e estes quen son?, está claro que ata que chega o primeiro pedido a túa casa non acabas de fiarte, por iso unha vez que o fan, sempre repiten e quedan moi satisfeitos polos prezos.
-ATMC.- Como se leva estar lonxe do “terruño”.
-ADRIÁN.- Mal… realmente aquí estamos sós, temos moitos amigos pero a familia e amigos ‘’locais’’ non están. E o mar? Ah sí, a 200 km de aquí… Pero así é a vida, un ten que adaptarse si ou si, segundo as necesidades!.
-ATIMC.- Adrián, amplianos un pouco mais que é Logarsalud?
-ADRIÁN.- En resumen, Logarsalud é unha empresa actualizada constantemente a situación económica do momento, axustando os prezos para ser os máis competitivos do mercado, catalogados máis de 6000 produtos diferentes co obxectivo de abastecer a fisioterapeutas, podólogos, residencias, hospitais e por suposto outros tipos de negocios ou particulares que necesiten dos nosos produtos, asesorados polos mellores profesionais.
Estamos suxeitos á actualidade, incluídos entre os mellores buscadores e entre as redes sociais principais, Facebook, twitter, blogspot… onde se incluirán novidades, ofertas e noticias que chegarán directamente aos nosos clientes ou calquera que teña curiosidade.
Moitas grazas a Adrián e a Olga pola súa atención e por adicarnos estes minutos, para que os nosos paisanos saiban como lle vai os que están lonxe de terra e se buscan a vida para sobrevivir neste mundo en eterna crise, desexámoslle moita sorte a Adrián e a Olga e que lle vaia moi ben na vida.


Ningún comentario: