Isto de ser cabaleiro do Albariño vai estar mais difícil cada vez, os condicións que poñían o CaPPitulo Serenísimo ate o de agora eran que defenderas o viño Albariño e que foras do PP
(agás honrosas excepcións) agora parece que se lle vai engadir unha mais que sexas imputado nalgunha causa de corrupción o estas a punto de selo ou no seu defecto que saias na lista de Bárcenas.
(agás honrosas excepcións) agora parece que se lle vai engadir unha mais que sexas imputado nalgunha causa de corrupción o estas a punto de selo ou no seu defecto que saias na lista de Bárcenas.
Ó condenado xa Jaume Matas, por certo que aínda sigue sendo Cabaleiro de Albariño pese a esta condición (a de condenado), uniranse dentro de pouco outros nomes se a xustiza e as fiscalías fan ben o seu traballo como polo de agora. Sabemos que na lista de Bárcenas saen traxes e gravatas mercadas a un tal M.R. que toda a prensa estatal descifra como Mariano Rajoy, o que aínda non sabemos e si hai algún asento para mercarlle a capa de cabaleiro a Rajoy o vai incluída no capitulo de traxes. Estaremos atentos os cabaleiros que designe o CaPPitulo Serenísimo para este ano 2013 a ver se cae algún imputado mais, o mellor co acertados que están dentro deste organismo igual designan a Bárcenas cabaleiro do Albariño 2013, ate onte tiña, oficina , secretaria e coche oficial por parte do PP.
Patética a pantomima de rolda de prensa celebrada onte na sede dos xenoveses, este home , Rajoy, debe pensar que os españois son parbos e os galegos tamén, este home pensa que está a falar para os seus "aborregados" militantes nun mitin calquera, o de onte onde foi un insulto a intelixencia. Un home , un presidente, , un valente, que di non ter que ver nada co caso Bárcenas non tería medo ningún en respostar as preguntas dos periodistas, periodistas por certo de deberían de ter un pouco de dignidade e non comparecer a roldas de prensa onde non se deixan facer preguntas e menos que non estea presente quen a da e teñan que escoitala por televisión.
Por certo se son falsos os papeis de Bárcenes por que non se querelan contra “El Mundo” e “El Pais” ou contra a portada do xoves do 23 ao 29 de xaneiro que sen mais lles di “Gobérnanos a Mafia”, cas caricaturas de Cospedal, Barcenas, e o propio Rajoy. Se ir mais lonxe na edición de hoxe de “El Pais” publica que Mariano Rajoy recibiu en negro de Bárcenas 322.000 euros.

Agora tamén digo unha cousa e tan corrupto o que vote a xente deste calibre, sabendo o que se sabe hoxendia, como os propios corruptos. Co escándalo a nivel mundial que hai, segundo unha enquisa de “El periodico” de Cataluña só perdería o PP 50 escanos, parécenme poucos, moi poucos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario