30 de xan. de 2013

CEA BAILE ANUAL NO CENTRO CULTURAL DE OUBIÑA

O vindeiro sábado nove de febreiro , sobre as dez da noite terá lugar no Centro cultural “Manuel Mariño Castro” de Oubiña a cea baile anual que organiza a Asociación de Veciños
San Vicente de Oubiña. O menú constará de entremeses, lacón con grelos, orellas, filloas, café licores e queimada. A cea estará amenizada por por DJ PI (en directo).  O prezo por persoa é de 18 € para os socios, 20  € para os non socios e 7 € para os menores de 12 anos. Para anotarse falar coa presidenta ou membros da xunta directiva ate o domingo 2 de febreiro no seguinte telefono de contacto: 686388658. Recomendase ir disfrazado.


Ningún comentario: