30 de xan. de 2013

60.000 € ANUAIS PODERIA AFORRAR O CONCELLO SEGUNDO UNHA PROPOSTA DO BNG

O ALQUILER DO MERCADILLO CUSTALLE AS ARCAS MUNICIPAIS PRETO DE CATRO MIL EUROS O
MES. 
MOITA XENTE PENSA QUE E GRATIS.
A dia de hoxe está mais que claro cal é a unica formación politica cambadesa coas ideas claras, moitas delas copiadas integramente polo Partido Popular é sen dúbida algunha o BNG, sen ir mais lonxe por medio do blog dos nacionalistas cambadeses por excelencia enterémonos que veñen, en escrito presentado hoxe no concello, de propoñerlle os inutís gobernantes do PP un aforro de  mais de 60.000 euros anuais, así o escrito di  que, actualmente, as taxas anuais que o concello de Cambados ten que pagar a Portos de Galicia, pola utilización de parte do litoral cambadés, son de aproximadamente 60.000 € (segundo a partida asignada no Orzamento 2012 do concello de Cambados) e que no ano 2010 xa eran de 40.000 €, precisamente a mesma cantidade que se pagaba cando a Xunta estaba xestionada polo “goberno bipartito”, aínda que naquelas datas o Alcalde escandalizábanse porque os 40.000 € de taxas lles parecían unha cantidade disparatada e prometían que cando a Xunta estivera gobernada polo PP, dita cantidade sería claramente rebaixada. 
Coa chegada do PP á Xunta de Galiza a realidade foi a contraria da prometida polo Alcalde xa que a taxa sube máis cada ano sen que desde o Concello se faga nada para cumprir as promesas feitas a veciños e veciñas. Que, ademais, gran parte destas taxas son debidas á utilización do paseo marítimo para o mercadiño de mércores e sábados e, así mesmo, pola utilización do Paseo da Calzada para diferentes eventos, entre eles, para as festas do verán. Con respecto a este asunto o BNG considera que existirían outras opcións que permitirían reducir unha gran parte das taxas que o concello abona actualmente a Portos de Galicia de realizar as  actuacións que se propoñen neste escrito, polo que o BNG ven a propoñerlle o ocioso do noso Alcalde que: 
* en primeiro lugar,  o goberno municipal,  estude o posible cambio de ubicación do mercadiño do paseo marítimo a outro lugar de titularidade municipal de xeito  que iso implique o aforro das taxas que Portos de Galiza  cobra actualmente por dito uso. 
* En segundo lugar, que o concello de Cambados (como o BNG ben insistindo desde hai moitos anos) solicite a titularidade do Paseo da Calzada para aforrarse as taxas que  cobra Portos de Galiza ao Concello por utilizar dito espazo para os diferentes eventos que alí se realizan ao longo do ano.


Ningún comentario: