29 de xan. de 2013

O EQUIPO DIRECTIVO DA CONFRARIA DE CAMBADOS BAIXO SOSPEITA. O FISCAL DE PONTEVEDRA ACUSAOS DE ESTAFA

PODERIAN VERSE OBRIGADOS A RESPONDER CO SEU PATRIMONIO
PERSONAL POR VALOR  DE 100.000 €.
Hoxe o periódico El Pais publica unha nova moi interesante, pois segundo esta fonte a  fiscalía de Pontevedra apreciou indicios de presunta estafa de máis de 100.000 euros na construción dun barco da Cofradía de Pescadores San Antonio de Cambados, cuxo proxecto foi subvencionado pola Xunta e a Unión Europea. 
O asunto foi investigado polo fiscal de Delitos Económicos, Augusto Santaló, logo de recibir unha denuncia de persoas vinculadas á cofradía. O asunto pode deriva  na presentación dunha querella contra a Cabildo e responsables da entidade cambadesa, que poderían verse obrigados a responder co seu patrimonio persoal, segundo confirmaron fontes xudiciais, o citado periódico.
Os feitos denunciados non suscitaron dúbida aos investigadores e peritos que interviñeron nas dilixencias abertas pola fiscalía e que acreditaron mediante informes que no proxecto naval realizouse unha tasación moi superior ao valor real do barco coa finalidade aparente de percibir unha subvención maior. A presunta estafa xa fora advertida tamén pola Asociación Galega de Mariscadores (Agamar) cando a Oficina Europea de Loita contra a Fraude informou en xaneiro de 2012 da percepción indebida pola citada cofradía de subvencións do Fondo Europeo de Pesca para a construción do buque Tragove, realizado nos Astilleros Polináutica, SL, de Cambados, en 2009. O orzamento se cuantificó en 340.000 euros, dos que 176.104,58 foron aportados á Xunta e a Unión Europea. 
Cando a oficina europea informou da suposta estafa, a Xunta encargou unha tasación para determinar o valor do buque, que finalmente se cuantificou en 161.170 euros. A diferenza obrigou á Consellería de Mar a promover un expediente de devolución das cuantías defraudadas pola cofradía, uns 84.000 euros, que cos intereses de demora elévanse a 100.000 euros. A fraude detectouse principalmente no uso de elementos e pezas do barco empregadas en aparencia para a súa construción. Unha denuncia anónima preesentada por socios da entidade destapó os feitos. A oposición na cofradía contra o patrón maior, Benito González, derivou na decisión deste de interpoñer á súa vez unha querela contra os socios díscolos. As consecuencias desta presunta fraude poñen nunha situación moi delicada á tesorería da entidade, que vai afrontar  un ERE que afecta a 24 traballadores.  E dicir que hai xente na confraria que ainda defende a estes suxetos,  amosa o servilismo dalgunhas persoas cara a certo partido político.  E hora de empezar a pedir a dimisión do patrón maior e de todo o seu equipo por levar a a confraria hacia o precipicio con practicas supostamente delictivas  como nos conta hoxe El Pais. 
E mói importante dicir que todo isto empezou por unha denuncia anónima feita con datos e probas , e o organismo que a recibiu anima a xente a denunciar casos tan sangrantes como este preservando a entidade dos denunciantes.


Ningún comentario: