28 de xan. de 2013

O POSITO DE PELEA TEN QUE DEVOLVERLLE A CONSELLERIA DE QUINTANA 100.000 €

A Consellería do Mar esixe á Cofradía de Cambados a devolución parcial dunha subvención pública en máis de 100.000 euros, debido á sobrevaloración da embarcación
“Tragove”, ven de publicar haxe mesmo na súa páxina web Agamar.
A Oficina europea de loita contra a fraude no seu día xa instó á Consellería ao comezo dun procedemento contra a Cofradía de Cambados para a devolución das axudas públicas .A Consellería do Mar esixe á Cofradía de Cambados a devolución parcial dunha subvención pública en máis de 100.000 euros, debido á sobrevaloración da embarcación “Tragove”.
Como xa anunciara a Asociación Galega de Mariscador/es (AGAMAR), no seu día, a Oficina de loita contra a fraude, adscrito á Comisión Europea, informou da percepción indebida de axudas públicas pola Cofradía de Cambados, de subvencións sobre o Fondo Europeo da Pesca (Fondos FEP) para a construción do buque Tragove, realizada nos Astilleros Polináutica, S.L. de Cambados no ano 2009 e cun valor que ascendeu a máis de 340.000 euros, correspondendo 176.104,58 euros á cantidade abonada en concepto de subvención pola Xunta de Galicia e a Unión Europea.
A tasación económica realizada por funcionarios da Xunta determina que o valor do buque Tragove non superaría os 161.170 euros. Por iso, a Consellería viuse obrigada a promover o oportuno procedemento de reintegro e devolución das cuantías indebidamente percibidas por dita Cofradía por importe de 84.082,58 euros, máis os oportunos intereses de demora polo que a cuantía total a devolver, a cargo das depauperadas arcas da Cofradía de Cambados, superará os 100.000 euros. Polo tanto, faise evidente a desproporción do prezo de construción do buque abonado á empresa Estaleiros Polináutica, S.L.
Neste sentido, numerosos socios da Cofradía, no seu momento, xa manifestaran as súas dúbidas, preguntas e sospeitas en canto á sobrevaloración no prezo do buque. Ante o sentir xeneralizado dos socios polo sobreprecio injustificado do buque e o uso de elementos ou pezas do barco que aparentaban ser usadas, o patrón maior desta Cofradía, Benito González Sineiro, decidiu formular unha querella criminal contra dous socios da entidade por calumnias e inxurias, e así acalar calquera tipo de investigación, decisión que agora queda en evidencia ante a actuación da Comisión Europea e os informes técnicos oficiais da Consellería do Mar.
As consecuencias desta situación resultan moi preocupantes e perjudiciales para a economía da Cofradía de Cambados(envolta nestes momentos nun expediente de regulación de emprego que afecta aos seus 24 traballadores). Probablemente, o futuro pasa porque esta institución teña que verse hipotecada durante moitos anos.
Logo de todo isto, AGAMAR pregúntase, quen se beneficiou do sobreprecio na adquisición e construción do buque Tragove?, quen debe responder por este auténtico desfalco contra a tesorería da Cofradía de Pescadores San Antonio de Cambados? e que membros da Xunta Xeral e Cabildo responderán co seu patrimonio persoal e familiar do grave quebranto que se lle producirá e que hipotecará o seu futuro? Que saben deste tema, Aragunde, Louzán e Touris?.

Ningún comentario: