28 de xan. de 2013

LUIS ARAGUNDE COPIA UNHA IDEA DO BNG DENOSTADA NO SEU DÍA POLO PP.

O FAMOSO BANCO DE TERRAS.
Calqueira dia o BNG presenta unha demanda por plaxio contra Luis Aragunde, a última
anunciar que ia a poñer en práctica unha especie de Banco de Terras, que ideara o BNG cando Suaraz Canal era conselleiro de Medio Rural.
De todos os xeitos o  BNG do Salnés reclama, nunha nota,  que  o BNG de Cambados  ven de publicar no seu blog,  maior contundencia no apoio aos sectores produtivos da comarca e non medidas unicamente cosméticas.
Os nacionalistas felicítanse de que as súas mensaxes de reactivación do sector primario empecen a calar no PP mais consideran estes primeiros movementos insuficientes e farán propostas máis valentes.
O BNG comarcal valora positivamente os anuncios feitos por algúns alcaldes da comarca nos que manifestan que porán a disposición das persoas terras públicas para labrar. Ademais dende Cambados facíase o anuncio da disposición das cooperativas para recoller estes produtos.
Neste sentido os nacionalistas do Salnés anuncian que porán enriba da mesa novas propostas ao considerar que isto non debe quedarse nunha simple declaración de intencións nin ser unha operación de marquetin como ten acontecido con outros anuncios que despois quedaron en nada.
“A activación e potenciación dos nosos sectores produtivos é fundamental e así o fixemos saber de sempre en toda a comarca. Mais estes primeiros pasos deben ser o impulso a novas e máis profundas medidas” di Xoán Antonio Allegue responsable portavoz comarcal do BNG; neste sentido o dirixente nacionalista anuncia que nesta mesma semana vaise celebrar unha xuntanza da Comisión Comarcal do Agro do BNG, reunión na que procederán a efectuar unha diagnose da situación do sector neste momento e lanzarán unha serie de propostas de mellora a implementar dende o tecido social e institucional. 
Suarez Canal con Chon nun Albariño.
Ademais faranse eco dos principais problemas que afectan a cada unha das actividades do sector agrario para tentar ser precisos nas súas iniciativas. De todos os xeitos, e aínda consierándoa positiva nunha primeira valoración de urxencia, segundo o responsábel portavoz comarcal do BNG ”esta medida anunciada debe ser mellorada e non debe servir de cortina de fume para desviar a atención sobre o fundamental. A xente non necesita medidas cosméticas senón que isto se traduza nunha actitude consciente de impulso dos sectores primarios nos que o mar tamén debe xogar un papel fundamental”.
Nesa liña Allegue criticou a actitude do PP de non apostar seriamente por sectores básicos na economía comarcal, “hoxe os propios datos oficiais do desemprego na nosa comarca amosan que son eses sectores os que mellor aguantan a crise fronte a outros que foron moi fomentados desde os nosos gobernantes como o ladrillo, por iso todo o que supoña apoio e impulso aos sectores produtivos básicos da comarca será ben recibido por nós, dado que irá na liña do que o BNG sempre defendeu e que agora outros semellan descubrir, e sen tempo non era”.
De todos os xeitos segundo a nova do periodico para acceder a estas axudas “basta con dispoñer dun predio de entre 2.000 e 2.500 metros cadrados e unha inversión  de 40.000 euros nin invernadoiro, ainda que a metade dese s cartos é subvencionado pola Xunta que tamén se fai cargo  do prestamo concertado, ainda así, como dí Xurxo Charlin no seu Facebook,  a ver a que  parado lle van dar un prestamo dese calibre para montar un invernadoiro nun terreo do concello. 



Ningún comentario: