28 de xan. de 2013

ZONA CENTRO ESTE ANO NON FAI CONCURSO DE PIROPOS.

Na páxina “Vivir en Cambados” vemos a seguinte nova:
“ZONA CENTRO PRESENTA A SÚA CAMPAÑA DE SAN VALENTÍN.
A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE CAMBADOS PRESENTOU UNHA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN QUE CONTARÁ CON IMPORTANTES AGASALLOS.
Zona Centro acaba de presentar unha nova campaña de fidelización do pequeno comercio que conta cunha importante novidade con respecto a outras edicións.
esta vez a campaña está financiada con fondos propios e colaboracións dos membros da asociación, e dicir, ningunha administración puxo fondos públicos para a súa organización.
A campaña conta con nome de "Cambados namora" e nela búscase premiar a fidelidade dos consumidores no pequeno comercio local. para participar é necesario realizar algunha compra nos comercios asociados ata o 14 de febreiro. os establecementos repartirán entre os seus clientes ata 25.000 papeletas coas que poderán participar nosorteo que se celebrará o día 20 de febreiro no salón de plenos do concello.
Os clientes de zona centro agraciados no sorteo poderán gañar un reloxo de señora Guess con acabado en ouro, exposto na Xoiería David; unha parella de reloxos Guess, expostos na Xoiería Fariña; un xogo de prata de lei composto de pendentes, sortella e colgante, exposto na Xoiería Villar; un xogo de complementos para cabaleiro composto de chaveiro e pulseira da marca Viceroy, exposto na Xoiería Enrique.”
Ata aquí a nova recollida íntegrama da páxina amiga “Vivir en Cambados”, o que mais nos chama a atención desta nova é a novidade importante na que resalta que ningunha administración colabora económicamente no evento, en troques no cartel  pon que colabora o concello de Cambados e a Xunta de Galicia, o concello  imaxinome que colabora deixando  as rúas, as farolas e o salón de actos(incluso a veces pon trabas a certos colectivos para deixar instancias municipais), vamos como colabora sempre sen poñer un puñetero peso, e a Xunta colabora deixándonos vivir, de momento.
Dende logo a campaña deste ano non vai ter o éxito que tivo a do ano pasado coa famosa polémica dos piropos, este blog fixo saltar a fama a nivel estatal (saiu no programa + gente de TVE – comeza no minuto 32.54) a Cambados Zona Centro, ainda estamos a esperar os agradecementos  por parte de Zona Centro, por facerlle tan magna campaña, polo menos debianos de colocar no cartel deste ano, en sinal de agradecemento.







Ningún comentario: