28 de xan. de 2013

CEA BAILE SAN VALENTÍN NA TABERNA SAN KIRIKO DE VILARIÑO

A taberna de San Kiriko, situada no lugar de Sineiro Nº 40 de Vilariño Cambados, é unha taberna que durante todo o ano ten unha actividade digna de encomio.  E xa  está a armar unha boa para o vindeiro dezaseis de febreiro para celebrar o San Valentín. O prezo
da cea é de 20 euros e o menú e o seguinte: Langostinos, Ameixas a mariñeira, cordeiro, tenreira, postre e bebida. A velada será amenizada por un grupo musical. A cea deberá ser abonada no intre de facer a reserva e antes do catorce de febreiro, o aforo está limitado a 40 persoas.

Ningún comentario: