28 de xan. de 2013

A CEA DA XUVEN TERÁ BARRA LIBRE

Os actos de entroido empeza a aflorar na nosa vila, e un clásico nestes actos é cea do sábado de piñata do Xuven. Este ano será o sábado dezaseis de febreiro na Adega Martín Codax, a partires das 23 horas. Menú o de sempre:
Entremeses , laconada, postre, pan e viño. 
Os socios pagarán 35 euros e os que non son socios 40 euros. A venda de invitacións para os socios será nas oficinas do club previa presentación do seu carnet. E para os non socios pódense recoller tamén nas oficinas do Club o una oficina de Banesto de Cambados. As entradas pódense retirar dende  o 26 de xaneiro ate o 13 de febreiro en horario de 20 a 21.30 horas no que se refires as ofifinas do club.Este ano por primeira vez non haberá música en directo , xa a mesma correrá a cargo “Studio 21” (Discoteca móbil). 
A gran dúbida que está a percorrer Cambados, e se hai barra libre ou non o rematar a cea. O cartel en principio non di nada , pero onte consultado un directivo manifestounos que habería barra libre igual co ano pasado.  De todos os xeitos estaría ben que a directiva aclarara este tema canto antes, porque a dúbida segue na rúa.



Ningún comentario: