22 de xan. de 2013

“HABELAS” INAUGURA A EXPOSICIÓN “CONEXIÓNS” EN VILAGARCIA.

A asociación cultural HABELAS quere convidar á xente de Cambados este venres á inauguración da exposición CONEXIONS ás 20:30 na sala Rivas Briones de Vilagarcia de Arousa. 
A asociación HABELAS naceu hai menos dun ano coa intención de ser catalizador e rede de artistas.  Está formada
por xente de Cambados, Vilagarcía e Ribadumia. Pero para algúns espectáculos incluen xente de outras localizacións. 
Así levan feitas actuacións Clown, animación infantil, espectáculos de lume e malabares, pasarrúas, obradoiros de malabares para os mais pequenos...  
Co gallo de darse a coñecer decidimos levar a cabo a exposición CONEXIONS, para empurrar novos artistas e dar a coñecer a outros cunha carreira mais sólida. 
Contamos con pintores, escultores, fotógrafos, deseñadores gráficos, audiovisuais...
De Cambados contamos con Xurxo Durán, Iria Ribadomar, Eva Nuñez, Markos Horro, Suso Gómez, Nesti, Bruno Varela, Rafael Padín, Ann...
Pero tamén participa xente do Grove, Pontevedra, Vilagarcía, Vilanova, Coruña, Boiro, Santiago de Compostela... en total 29, en seis disciplinas. 
Na inauguración, venres 25 na Sala Rivas Briones de Vilagarcía ás 20:30 participarán TATANA TEATRO cun monólogo dramático, Hermes Torres pintando un cadro en directo e a presentación das curtametraxes "Unhas Clases do Social a a tempo" de Pablo Cacheda ( na cal o showman cambadés  Ademar silvoso fai unha pequena colaboración) "Gorrillas" de Eloy Puga ."Via Crucis" de Joan Ríos.  Ademais do tradicional pincheo e viño a esgalla.  Este é un proxecto co que están moi ilusionados e no que levan traballando xa un tempo. 
asociacionhabelas@gmail.com 

Ningún comentario: