11 de xan. de 2013

LOUZAN DIMITE, OS DAS PREFERENTES NON TE ADMITEN

OS DAS PREFERENTES PUXERONLLE OS “HUEVOS DE CORBATA” A LOUZAN NA SÚA PROPIA CASA.
Afectados polas preferentes toman as rúas de Pontevedra e a Deputación.
Centos de afectados pola comercialización de participacións preferentes e obrigacións subordinadas chegados desde todos os puntos da provincia tomaron este venres as rúas do centro da cidade, os alrededores da Deputación e o interior da sede provincial.
A protesta comezou ás 10.00 horas cun percorrido por todas as rúas da cidade, detívose ás portas da Subdelegación do Goberno en Pontevedra e no exterior do Pazo Provincial e acabou cunha ampla representación dos manifestantes ocupando o Salón de Plenos e demandando unha reunión co presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán.
A concentración tivo o respaldo de alcaldes dos distintos signos políticos, en especial do BNG e do PP e das comarcas de Pontevedra e O Morrazo. Entre eles, os regidores de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; Bueu, Luciano Sobral; Marín, María Ramallo; Cangas, José Enrique Sotelo; ou Soutomaior, Agustín Reguera.
Manifestantes e rexedores reuníronse con Rafael Louzán con intención de solicitarlle que leve para o seu debate e aprobación no Pleno da Deputación Provincial unha serie de demandas, baseadas no principio de que non se aplique a Lei 9/2012 no que afecte a afectados de preferentes e subordinadas. A súa intención é que as peticións acaben elevándose á Xunta de Galicia e o Goberno estatal, tamén gobernados polo PP.
Entre as súas peticións destaca que non se aplique a quita aos afectados nin se cambie o diñeiro investido por outros produtos financeiros, así como que se axilice o sistema arbitral e recoñézase aos prexudicados a súa condición de aforradores e non de inversores. Esta última demanda implica que se recoñeza a mala praxe das antigas Caixanova e Caixa Galicia na venda destes produtos.
Mentres no interior da Deputación se producía a reunión, arredor de 300 afectados seguían concentrados ás portas do Pazo Provincial solicitando con cantos que os responsables da fusión das dúas caixas galegas vaian a prisión e apuntando á Xunta de Galicia como unha das institucións responsables da situación: "Ia, ia, ia, a Xunta xa o sabía", vitorearon mentres ameazaban con que ás 12.30 horas entrarían na sede provincial.
Máis de 200 afectados "toman" o salón de plenos da Deputación
Algúns dos afectados xa marcharan ás súas casas, levaban máis de dúas horas na avenida de Monteiro Ríos protestando e entoando lemas como "Responsables da fusión a prisión" ou "Non pode ser, nós a traballar e eles a roubar". Foi entón cando un dos voceiros que se encontraba no salón de plenos asistindo á reunión entre Louzán e os alcaldes baixou e, dende a entrada do edificio da Deputación, se dirixiu aos manifestantes: "Vamos, todos dentro". "Todos? " preguntaron. " Si, todos".
E en grupo comezaron a entrar no inmoble. Os encargados de seguridade intentaron pechar as portas do Pazo sen logralo. Os ánimos estaban moi acendidos e os afectados avanzaban superando calquera obstáculo. Subiron polas escaleiras cara ao salón de plenos e alí entraron interrompendo a reunión. Os voceiros intentaron calmalos. Louzán afirmou ante os afectados que ían intentar buscar solucións. Pero algúns dos manifestantes interrompían a berros:
- Queremos compromisos de que non vai a quita adiante. Non só falar.
O alcalde de Redondela, Javier Bas, incidiu en que ían facer o posible para que se resolvan as arbitraxes. E o público seguiu reclamando:
- Que se resolvan. Somos todos aforradores.
- Mírenos á cara. Onde somos nós investidores?
- Pedimos a devolución dos cartos porque a xente está desesperada. Se os políticos deran un paso antes non estariamos aquí despois dun ano.
Os voceiros das plataformas de afectados tamén insistían neste sentido afirmando que "Rajoy non foi sensible cos afectados" e reclamando "que o PP nos quite de aquí que é o que está a gobernar" e así reclamaron o compromiso expreso de Louzán:
- Que Louzán poña a carne non asador e lle diga a Feijóo e Rajoy que nos quiten disto.
O alcalde de Bueu, Félix Juncal, tomou a palabra e reclamou a Louzán "un consenso cos alcaldes no texto que se vai levar a pleno co que todos esteamos dacordo para que todos os aforradores teñan que recibir todos os cartos que depositaron".
O presidente da Deputación non aceptou a crítica e indicou: "pero quen non vai querer que se lle devolvan os cartos a esta xente? Aí estamos todos dacordo".
E tras algunhas intervencións máis nas que se reclamaron compromisos aos políticos presentes, Rafael Louzán deu por rematada a reunión. Varios afectados achegáronse a el cando intentaba marchar cada un expoñendo o seu caso. 
Unha vez fóra do edificio, cos ánimos máis calmados, dispersáronse cara aos seus autobuses. Nos próximos días, decidirán que novos actos de protesta van levar a cabo.
Reclaman a dimisión de Louzán e os alcaldes do PP de toda a provincia
Os voceiros das plataformas de afectados polas participacións preferentes en toda a provincia de Pontevedra reclamaron a dimisión do presidente da Deputación e de todos os alcaldes do Partido Popular por "enganarnos na campaña electoral prometéndonos solucións que logo incumpliron".
Ao redor dunha treintena de representantes destas plataformas reuníronse con Louzán, xunto a unha veintena de alcaldes, entre eles varios das comarcas de Pontevedra, O Morrazo, Arousa e O Salnés.
No encontro o portavoz dos afectados no Baixo Miño, Xulio Vicente González, asegurou que o PP "ía a todos os mítins coa nosa desgraza para recoller votos, pero ao gañar as eleccións o PP esqueceuse. E máis, considérannos como inversores e fálannos dunha quita".
Por este motivo sinalo que "tampouco é casualidade que nos encerremos nos concellos gobernados polo PP nin que hoxe esteamos na Deputación, o señor Louzán, os alcaldes e todos os cargos do Partido Popular de Galicia, si realmente están cos veciños teñen que presentar a súa dimisión. Si o PP róubanos e estáfanos eles teñen na man a solución", afirmou este portavoz entre aplausos do resto dos seus compañeiros.
Rafael Louzán cualificou esta intervención de "mitin político" e sinaloulle que a reunión pretendía "buscar solucións", provocando a resposta airada do portavoz dos afectados "un cargo político non lle pode negar a un cidadán que poida falar de política e aquí se hau unha solución esa pasa pola política".
A ralentización do proceso de arbitraxe foi outro dos aspectos que máis críticas suscitou "estivemos na oficina de consumo e esta semana só había 53 arbitrajes", explicaron".
E por suposto, os afectados dunha quita non queren oir falar. "Isto é como o salvaxe oeste, si hai quita non hai lei, cada un que se defenda como poida, si os representantes políticos tómannos o pelo teremos que tomarnos a xustiza pola nosa man", afirmaron os portavoces.
Finalmente as Plataformas quixeron deixar claro o seu cansazo "non estamos dispostos a seguir na rúa un ano máis" o que significa que "imos intensificar as nosas accións".
No video que podes premendo AQUI, houbo que tranquilizar moitos animos.











Ningún comentario: