13 de xan. de 2013

O COLMO DA SINRAZON: ARAGUNDE DILLE O BNG QUE AGOCHA INFORMACIÓN

O BNG SACA A LUZ AS DESMESURADAS FACTURAS POR UNHA LIMPEZA QUE OS DIRECTORES DOS CENTROS
AFECTADOSDIN NO HABERSE REALIZADO.
Gran labor do BNG no concello.
Ún a veces, xa non sabe si rir, se chorar , ou ue facer perante os irrisorios e débiles argumentos tan pobres de Luis Aragunde, a último foi acusar o BNG de agochar información, hai que ter mais morro que Carmen de Mairena Luisiño. Ti que ainda non aclaraches os cambadeses, quen carallo pagou a estastua do dictador Fraga, Ti que están metido no Pinal de Maza ate as ourellas, ti que está calizando as agachadas as aguas do Pinal de Maza misturandoa coas fecais, ti que lle estives agochando información os veciños de Vilariño no asunto da central eléctrica, ti que deixas facer obras os teus de dubidosa legalidade, etc, ti Aragunde acusas o Bloque de agochar información, moito morro Luisiño. 
¡Alto, manos arriba!
Pero se o fondo do asunto Luisiño non qué que houbera un erro de contabilidades (que dubido moito), senón que se contratan empresas vascas mentres os cambadeses están no paro e sobre que os directores dos colexios Vilariño e A Pastora non saben nada desta suposto limpeza. Se o BNG non denuncia estas facturas, quen se ia a quedar cos cartos?. Quen está detrás de “Sabico”, conteslle estas preguntas os cambadeses e deixate de lerias.
Hoxe mesmo vemos no blog do BNG unha nota que textualmente di:
“En resposta  á contestación do concello sobre as facturas de limpeza e mantemento dos colexios de Vilariño e a Pastora, o BNG quere recordar que parte da súa función, como grupo da oposición, consiste en fiscalizar a xestión do concello que fai o PP no goberno. 
E á nosa labor de fiscalización  o PP tenta, en todo momento, poñerlle trabas e  impedir que o BNG teña acceso a calquera tipo de documentación, así como, non dar resposta ás nosas preguntas. Así pois, o BNG está agardando a día de hoxe pola información solicitada en xullo pasado sobre o listado de convidados ao Xantar da festa do albariño e as contas da mesma, información sobre as horas extraordinarias do persoal do concello ou sobre as obras de canalización das augas pluviais do “Pinal” de Maza. En resumen, que o PP no concello de Cambados fai todo o posible por ocultar información que debería ser pública e estar á disposición de todos os veciños e veciñas. Sáenos moi cara unha páxina web municipal que aporta moita propaganda do PP pero moi pouca información para o veciño ou veciña. Semella que ao PP de Cambados hai que aplicarlle esa “lei de transparencia” que está preparando o seu partido.
E na liña de seguir fiscalizando ao concello, o BNG esixe que este  lle responda ás preguntas sobre as referidas facturas, que son reais e se acompañan con esta nota de prensa. Facturas que cando  se coñecen  semellan,  non so,  totalmente desorbitadas senón que ademais resulta difícil entender como un servizo de limpeza e mantemento se cobra por adiantado. É  por iso que o concello está obrigado a dar explicacións, o cal non debería parecerlle mal senón o natural, pero o de dar contas ao cidadán é unha obrigación que o PP desatende habitualmente coa súa característica política prepotente e falta de transparencia. Luís Aragunde aínda non sabe que o gobernante nunha democracia debe dar contas todos os días e non soamente na campaña electoral.”
Ademais o BNG fai publica as facturas que obran no seu poder e insistimos o de erro é todo un misterio, que  terás que explicar os cambadeses.

ESTAS SON AS FACTURAS QUE CHEGARON Ó PODER DO BNG

ESTÓ É O QUE FIXO PUBLICO O CONCELLO:
VEDES QUE INTENCIONADAMENTE, FALTA O PE DO ESCRITO, OU SEXA A QUEN VAI DIRIXIDO.




Ningún comentario: