13 de xan. de 2013

IMAGINE 3

IMAXINA COMO SE MERCA UN PAZO SENDO ALCALDE
Xa facía tempo que non escribiamos ningún “IMAGINE”, lembrades que o primeiro foi aló
por maio do ano pasado e o segundo en xuño. 
Pois abusando novamente da vosa confianza imos “xogar novamente” a imaxinar que non costa un peso a menos que o PP poña tamén un imposto por imaxinar, que o paso que imos cabe dentro do posible. Aquí vos vai o “xogo” de hoxe: Imaxinádevos un pobo calquera de Galicia, imaxinádevos, por estar mais preto, un pobo calquera da nosa espectacular Ria de Arousa, imaxinádevos unha persoa que tiña un bo traballo relativo o peixe e marisco aínda que él non o capturaba,  imaxinádevos  que un bo día meteuse en política, imaxinádevos que tras unha longa e paciente  espera chegoulle a súa oportunidade e presentouse a alcalde do seu pobo, imanádesvos que gaño as eleccións,  imaxinádevos que este home  mozo, tiña unha boa imaxe entre os veciños, imaxinádevos que tiña imaxe de ser boa xente, imaxinádevos que tiña imaxe de ser un home humilde, imaxinádevos que se puxo un soldo cara os seus veciños que non supoñía moitos cartos, pero imaxinádevos tamén que enseguida de veu envolto en “chanchullos”, imaxinádevos que a opacidade era a súa bandeira, imaxinádevos que entre os grupos da oposicións,   un non facia mais que fiscalizar a tope a súa xestión.
 Imaxinádevos que empezaron a descubrir mais “chanchullos”, un monte que se pela, concursos que non son públicos, mais enchufe que cos seus antecesores etc, imaxinádevos que co soldo que tiña non se podían facer moitas cousas, pero imaxinádevos que da noite para a mañá este alcalde merca un pazo nunha vila veciña que comeza por exemplo  por M, imaxinádesvos de onde sacou os cartos para mercar o Pazo, imaxinádesvos cantas comisións ilegais tivo que cobrar este home para facerse co Pazo, imaxinádesvos que o seu antecesor tamén se fixo rico coa política, imaxinádesvos como co seu escaso soldo se pode mercar un pazo. Ben,  pois parade xa de imaxinar xa,  por que todo o imaxinado e que sexa  parecido coa realidade é pura coincidencia.



Ningún comentario: