14 de xan. de 2013

CAMBADOS, UN CONCELLO QUE DUPLICA PERSOAL CUALIFICADO

ATE 17.000 € O MES PODÍA AFORRAR O CONCELLO EN SOLDOS SUPERFLUOS
TEN POSTOS DE TRABALLO FANTASMAS
Os recortes ameazan o emprego de 17.500 contratados en concellos.
As subvencións para manter aos temporais baixan en 46 millóns
Hoxe o Xornal NA Voz de Galicia abría cunha nova mais que preocupante sobre a situación laboral dos concellos en Galicia e así  
Comezaba dicindo  que doce despedimentos formalizáronse xa entre o persoal laboral do Concello de Ponteareas, que chegou a pór encima da mesa unha lista de 75 posibles baixas. Ames limou o seu persoal temporal. Xinzo optou por agora por reducirlles o soldo. Ribadavia baixou horario e salario ás súas limpadoras. Catro pobos do Eume comparten xa un mesmo axente de desenvolvemento local. Cangas, Os Blancos, Viveiro e Mondoñedo, entre outros, están ao límite. Pero todos eles non son máis que unha mostra da incerteza que sobrevoa os postos temporais nos concellos galegos por mor dos recortes que están a propiciar que non se renoven decenas de contratos e sucédanse os primeiros despedimentos tamén.
«Só falta que salte o primeiro concello cun ERE, e irán todos detrás», advirte Antonio López da CIG. E é que os expedientes de regulación están na man de todos os concellos, só teñen que contar cunha baixada de ingresos, circunstancia totalmente xeneralizada.
Politizadas. Tampouco hai discrepancia en admitir que, tanto en grandes cidades como nos pobos, a contratación municipal converteuse nunha ferramenta política, xerando incluso postos innecesarios ou non atribuídos, ás veces, aos máis capacitados.
Desemprego. A Fegamp recalca que ningún alcalde está a pensar en despedir persoal municipal se pode optar por outras vías, como redución de salarios ou soldos. Os rexedores aseguran ser conscientes das dificultades que na maioría dos pobos atoparían os traballadores municipais que quedasen agora sen emprego.
CAL É A SITUACIÓN EN CAMBADOS?
Sacando deste "cambalache"  os funcionarios, contratados e persoal laboral que realmente valen a pena e son xente integra e que non lle ten que facer a pelota a ninguén , temos un concello sobredimensionado no que se refire a persoal laboral, tendo practicamente duplicado e veces triplicado os postos de traballo de “alto nivel”. Así comezando dende a cúpula temos a un alcalde dunha poboación de menos de 15.000 habitantes que ten en nómina tres asesores persoais, unha alcaldía que lle custa a todos cambadeses 12.000 € o mes, si como ledes ao mes, cando en realidade o Alcalde ten no concello duos empregados públicos practicamente só a súa disposición. 
Que coño fai un alcalde de menos de 15.000 habitantes con ata cinco persoas o seu cargo directo. Despois temos un asesor xurídico - cun avultado soldo (tanto ou mais co alcalde), función que fai en calquera concello o Secretario para iso é licenciado en dereito. A figura de secretario xeral de concello é a figura garante da legalidade xurídica nas corporacións municipais, como desde un principio recolle a Lei de Bases de Réxime Local. Iso quere dicir que o secretario xeral é quen ten que advertir de lesividade ou irregularidade de calquera acordo que a Corporación poida tomar e que estea suxeito á legalidade vixente, é como o poder xudicial sobre o poder político, o criterio xurídico sobre as decisións políticas. Logo temos un Arquitecto contratado tamén cun alto soldo e un arqueólogo con un bo soldo, funcións que perfectamente podería facer o Arquitecto Técnico Municipal que gañou a praza libremente. 
Son funcións do arquitecto técnico as seguintes: 
- Seguimento e dirección de obras municipais. 
- Inspección de obras, de urbanizacións e afines promovidos por particulares e entes públicos, que haxan de cederse posteriormente ao Concello. 
- Emitir certificacións de obra e revisar as facturas de traballos executados. 
- Informar e realizar os replánteos e recepcións de obras que o requiran. 
- Xestionar e realizar proxectos ou anteproxectos da súa competencia. 
- Elaborar pregos de bases para a contratación de obras e material.. 
- Elaborar Estudos de Seguridade e Saúde, realizar a necesaria coordinación en materia de seguridade e saúde nas obras, e vixiar o seu cumprimento e execución. 
- Programa de mantemento, conservación e limpeza dos edificios, servizos e infraestruturas municipais. 
- Supervisión do funcionamento e calidade de servizos e infraestruturas municipais. 
- Programación e supervisión dos traballos das brigadas de obras. 
- Elaborar informes técnicos en materia de concesión de licenzas municipais solicitadas por particulares e entes públicos. 
- Control dos expedientes AMINP na tramitación e seguimento das medidas correctoras. 
- Prestar asistencia técnica e o asesoramento requirido polos Corporativos e as Comisións Informativas. 
- Efectuar e estudar propostas de adquisición de mobiliario urbano e demais servizos municipais. 
É evitente que si ó arquitecto ténico municipal non o houberan relevado de parte das súas funcións evitariámonos dous soldos mais,  case que 4.000 euros mensuais.
Persoal de Museos.- Hai un famoso libro titulado “Misterio en el museo” de David Glover que se promociona con esta frase “Elixe a túa aventura e resolve o misterio usando os teus coñecementos matemáticos.”, pois practicamente o mesmo temos que facer cos empregados dos museos de Cambados, que non se sabe onde están pero están con nómina do museo, e dicir cando a directora do museo pregunta por eles, nunca lle saben dicir onde están, pero están,  e hai ate once empregados nos museos de Cambados. 
Sumando así a grosso modo o concello de Cambados, podería evitar de pagar en soldos superfluos uns 17.000 euros o mes.  Que vos parece?. A nos mándanos apertar o cinto e outros mercando pazos por Moraña.

Ningún comentario: