14 de xan. de 2013

AO ARBITRO DO PARTIDO CAMBADOS-LUGO ARRINCÁRONLLE PARTE DA SÚA CABELEIRA

Este é o titular dun recorte de “El Pais” do 27 de Novembro de 1981 enviado por un amigo do blog, o cal e digno de ler porque non ten desperdicio, persoalmente non nos lembramos dese partido, pero o relato que fai o xornalista Juan Jose Paradinas no devandito xornal deixa
os cambadeses incluídos os xogadores do Cambados e o presidente  da época a altura do betume,  no artigo podemos atopar frases tales como: 
Benito, Modesto, Blas, Toni, Estevez, Toti, Pintos.
 Agochados:MigueL,Juan Millán, Fito e Chopi.
Esta podia ser unha alineación da época.
“durante todo o encontro fomos gravemente insultados e ameazados polos espectadores que en  ningún intre pararon no empeño” (dicía o árbitro), “no transcurso do partido foron lanzados botes de cervexa, cabichas de cigarros prendidos, e pedras do tamaño de ovos de galiña”, “a entrada no vestiario resultou unha odisea, tiven que atravesar un longo corredor onde comezamos a recibir gran cantidade de golpes por detrás, onde se atopaba a forza pública, o delegado de campo e varios individuos”, “no medio do salvaxe atropelo, da parte alta do peche do corredor, agarráronme polos pelos e elevado en suspensión…”, “…entón o presidente do Cambados, botouse sobre min tratando de agredirme…”. Ben aconséllovos que leades integramente a nota de prensa , de verdade, non ten desperdicio. Probablemente o presidente nesa tempada 81-82, fora José Nuñez “O Seivo”, polos datos que facilitaron a este blog. 
José Nuñez
Non sabemos si o artigo esaxera, si o periodista estivo no campo ou que realmente foi o que pasou, pero "La Merced"  foi clausurado por catro partidos e multado polo comité de competición. Comentábame un xogador de fútbol que xogou moitas veces como visitante en Cambados, o remate quedou a vivir entre nos,  que  “…unha vez deixámonos perder 5-1,  para marchar  tranquilos do campo, os de Cambados erades temibles…”. Pensamos que tiña de haber de todo en todos campos, pero iso si,  temos que admitir que no fútbol Cambados era “sitio distinto”.





PREME NO ARTIGO PARA VELO AMPLIADO, AINDA QUE TAMEN PODES VELO DIXITLAMENTE PREMENDO AQUI

Ningún comentario: