15 de xan. de 2013

UN FUTBOLISTA, APRENDIZ AVENTAXADO DE PINTOR

EDU CHARLIN "CHUCHUNERO".
Un 24 de setembro de 1979 nacía en Cambados Eduardo Charlin Rodriguez mais
coñecido para todos por “Edu Chuchunero (apodo familiar)”. Os seus  pais Rosalía "Ia" Rodriguez, nai e señora, onde as haxa,  e o seu pai, loitador ata a medula,  convertido hoxe en día no referente absoluto da familia Charlin Rey. 
Como case todo bo cambadés  o primeiro que fixo case antes que aprender a andar foi coller unha pelota para xogar o fútbol, non en balde o seu pai militou no Cambados na Terceira división ademais de ser un gran xogador de baloncesto e un dos fundadores do Xuven,  e seu tío  Richar fichou no Celta e tamén xogou no Cambados en segunda B unha das mellores historias do fútbol cambadés sén dúbida. 
Edu foi medrando futbolisticamente  xogando en todas as categorías do Cambados ate chegar o primeiro equipo, logo deu algún salto que outro por outros equipos incluído o Arousa onde estivo con Machu,  volvendo novamente o equipo dos seus amores onde seguro que se ha de retirar , e onde xa tamén fai os seus “pinitos” como adestrador. 
Non chegou  as grande categorías do fútbol, pero sempre foi un defensa cumpridor, loitador e deixaba a pel no campo e sacoulle cartos a este ingrato mundo do fútbol que xa é moito, pero non estamos aquí para falar de fútbol senón de pintura. 
Un bo día o noso Edu déuselle polo da pintura e pouco a pouco foise introducindo no difícil mundo da arte e agora o seu facebook non deixa de ser unha especie de galería na que todos os seus amigos non fan mais que pedirlle cadros, eu sendo consciente de que vou levar a "bronca" dalgún, esperaría un pouco para regalar cadros non vaia ser que a cousa vaia ben e haxa que vendelos a bo prezo,  bromas aparte,  Edu colle a súa nova afección con cariño, como bo Charlin, hipocondríaco ate límites de “enfermo imaxinario” é un gran  rapaz, e hoxe este humilde blog quere facer unha entrevista a este artista cambadés en ciernes.
A TI MEU CAMBADOS.- Dende cando che veu a afección pola pintura?
EDU.- Dende sempre me gustou a pintura, xa nos meus tempos no colexio de San Tomé tiña unha profesora Dona.Julia que era unha auténtica "fenómena" en isto da plástica pero teño que recoñecer que nunca fun un bo debuxante, despois nos meus tempos no instituto tamén facía algún debuxo pero sen mais ata fai 3 anos que empecei a pintar láminas e ata o de agora.
ATMC.- És autodidacta, ou estudaches en algún sitio?
EDU.- Son autodidacta , aínda que dende fai un ano vou a clases de debuxo e pintura para intentar mellor e coñecer novas técnicas na de Mon Costa un auténtico e marabilloso artista e mestre o cal tería que estar moito mais valorado, onde estou a aprender e coñecer novas técnicas (plumilla, carboncillo, acuarela e agora mesmo empecei con óleo) aínda que a técnica que eu utilizo nos meus cadros e o acrílico.
ATMC.- Como definirías o teu estilo?
EDU.- Non sabería definir o meu estilo, eu pinto a maioría dos meus cadros con espátula fixándome moito na técnica personalizada de Leonid Afremov un dos meus pintores favoritos na actualidade.
ATMC.- O Tasqueiro está baseado nalgún personaxe real?
EDU.- O tasqueiro é un persoeiro ficticio amante do viño e da festa en xeral como o somos na nosa "pandilla" "Os Malos" . Este persoeiro creino a partir dun día que vin a exposición Claroscuro de Lino Silva en Borrón4.
ATMC.-. Cando tes pensado facer unha exposición?
EDU.-Non sei facer unha exposición soa demasiado serio para o meu nivel, prefiro que os meu cadros sexan un complemento de adorno en algunha tenda ou bar de algún coñecido. Proximamente coa axuda de Tío Juan (Chatarra) e co permiso de Tía Chus porei un par deles en Arroas.
ATMC.- É compatíbel o fútbol e a pintura?.
EDU.- Home claro que o é e sobre todo os catro pesos que se gañan no fútbol pois invertelos en vicios como a pintura.
ATMC.- Que ten animou a isto da pintura.-
EDU.- Ben,  pois gustaríame ter unha mención especial para Luís Silvoso (ex propietario de Borrón 4) a galería de arte que había o carón da miña casa, xa que gracias a el pois funlle collendo mais cariño a isto da pintura e sobre todo as charlas que tiñamos algún sábado a maña e o amable que era ensinándome cousa referentes a isto da arte, tamén agradecer a irmán da miña moza Elvi, Minia e o seu fillo Adrián por facerme aquel regalo de Nadal que non era outro que un mes de clases na de Mon Costa e por ultimo tamén quería mencionar a un auténtico debuxante como o é Tino Chaves ( Tino Perrera ) o cal cada dia que pasa non para de sorprenderme cos seu debuxo (dignos de ver e de mercar) un auténtico autodidacta cambadés, mais nada moita graciñas e dicir que coma min hai moitísima xente que lle pega a isto da pintura 100 mais ca min.
Grazas a ti Edu, aínda que non o creas és un bo exemplo para os rapaces e para os teus colegas, non todo é ociosidade na nosa mocidade, e menos na mocidade da Leria.
Podes ver unha completa galería dos cadros de Edu na columna da dereita.


O Tasqueiro  a carboncillo.

Lino Silva e o Tasqueiro, chorando a Luis Silvoso, visto por Edu a carboncillo.



Ningún comentario: