11 de xan. de 2013

O CONCELLO DE CAMBADOS OUTORGA OBRAS A UNHA EMPRESA CAMBADESA QUE CONTRATA PORTUGUESES

COMO NON VAI HABER PARADOS EN CAMBADOS?
De un tempo a esta parte  coido que todos debedes de saber quen é Luís Aragunde e o que está a facer por Cambados. Un verdadeiro
desastre. Contamos a última que pasou hoxe. 
Se non o sabedes volo contamos, remudáronse as obras   na Congostra da Rianxeira en confluencia coa Rúa Sevilla, unha empresa de Cambados concretamente Construcciones y Canalizaciones Salnés S.L. , ten a contrata co Concello de Cambados para realizar estas obras, en principio parécenos ben que realicen as obras da nosa vila empresas de Cambados, pero o problema é que aquí danse varias circunstancias de "amiguismo" e de enchufismo fora do normal:
1º.- A empresa en cuestión case que que ten o cen por cen de obras no nosa vila. 
2º.- Parece ser que o noso Alcalde é "mais que amigo" do xerente desta empresa e hai incluso quen di que pode ter interese na mesma.
3º.- Resulta  que o xerente desta empresa ten relacións directas cunha das administradoras de Cancelo CB,. unha entidade implicada no Pinal de Maza. 
4º.- E o mais grave, resulta que esta empresa cambadesa contrata portugueses mentres obreiros da construción de Cambados están no paro. Que conste que non temos nada contra os portugueses , pero non é lóxico que cos nosos cartos se fagan obras nas que se da emprego a xente de outro pais cando os nosos veciños non fan mais que incrementar as listas da oficina de emprego. Verdadeiramente vergonzoso. 
Agora estráñavos que Cambados vaia camiño do 2000 parados con gobernantes como Luís Aragunde. Case que un 30%  da poboación activa de Cambados está no paro grazas a Luís , quen por certo está a incrementar o seu patrimonio de xeito fulgurante pois un paxariño acabanos de comentar que  fixo un gran compra dun inmoble nun  concello veciño, pero como non temos confirmación oficial,  este será outro tema.

2 comentarios:

MANUEL dixo...

Nas obras de pavimentación da Avda de Madrid os operarios eran tamén portugueses e na maioría das obras da empresa "amiga" hai portugueses, ou fan meior o traballo ou cobran menos, inclínome pola segunda opción. Agora ben , o noso Luis ten que telos moi grandes para rirse nas barbas de todos aqueles que xa lle doen os nodillos de petar nas portas por buscar traballo e ver como se las gastan no Concello.

A TI MEU CAMBADOS dixo...


Rei Cores Félix dixo: O problema de contratar man de obra portugesa é que cobran moi pouco, traballan moitas horas e por se non é pouco, cotizan a seguridade social en Portugal, onde pagan menos da mitade do que terían que pagar aquí... Vamos que explotan os traballadores, e estafan a S.S. española. Habría que ver si o persoal que teñen é subcontratado de outra empresa portugesa, porque se é así as condicións son ainda moito peores... Escrabitude, mais ou menos... Eu non teño nada encontra da man de obra portugesa, sempre que cumplan coas normas de onde traballan. Os impostos dos cambadeses serven para manter os fillos de outras terras, mentres os fillos de Cambados morren de fame. Intelixentes os gobernantes de Cambados e xenerosos os cambadeses...