11 de xan. de 2013

CAMBADOS PECHADO POR LIQUIDACIÓN

É desesperanzador ver as nosas rúas e sobre todo os negocios dos cambadeses que pechan día a día. Se o 2 de xaneiro pechou o Bar “De Pura Cepa” sito na rúa Isabel II , dous negocios sitos na praza de Asorey de Cambados, están
liquidando para pechar as súas portas definitivamente. 
Así Pórtico que era hoxe por hoxe un negocio dinámico e vital, movido pola forza e a ambición da súa xente.  Grazas ao éxito do seu traballo, Pórtico multiplicou a súa cifra de negocio en máis de 100 veces desde 1992 e contaba con mais de 100 tendas propias ou asociadas. A día de hoxe, mais de 1.200 persoas, cunha idade media en torno aos 30 anos, traballan no seu proxecto en máis de dez países. Os seus almacéns centrais teñen unha superficie de 50.000 m2. Neles recíbense mais de 5.000 contedores de mercancías cada ano e móvense máis de vinte millóns de unidades de artigos. O seu catálogo de produto supera as 12.000 referencias, renovando o cincuenta por cento cada ano. Pois pese a estas cifras de vertígo “Pórtico Cambados”, está liquidando para pechar. 
No mesmo sitio pecha tamén as súas portas Trebol adicado a venta de case que toda clase obxectos, e outra que tamén está pendente de pechar é unha tenda case o carón de Trebol, un negocio de roupa denominada “Lalola”, e polo que nos dixeron outro establecemento nas inmediacións tamén pechará para o mes. Isto é unha verdadeira desfeita que teñen uns responsables a nivel estatal, Mariano Rajoy e compañía, uns responsables a nivel galego que son Feijoo e compañía e uns responsables a nivel provincial que son Rafael Louzán e  compañía e uns responsables en Cambados, que son Luís Aragunde e compañía. Sun unha "panda" de incompetentes", pero seguilos votando que vos vai ir mellor.

Ningún comentario: