11 de xan. de 2013

BENVIDA A UN NOVO BLOG: “CUATRO ELEMENTOS”

É ún blog de divulgación científica, curiosidades e calquera tema que poida estar relacionado. A súa administradora é Verónica e naceu en Vilanova de Arousa, Tras finalizar os
seus estudos básicos e cursar o bachillerato foise a Pontevedra a seguir coa súa formación polo que, en 2004, tras unhas prácticas no Hospital Xeral de Vigo, recibiu o seu título como Técnico Superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía. Ese mesmo ano, comezou a Licenciatura de Bioloxía en Vigo onde coñeceu a grandes persoas, viviu grandes experiencias e aprendíó moitas cousas. 
Verónica
Tras licenciarse, no 2009, realizou prácticas nunha empresa láctea, seguiu formándome e probou sorte con empregos, sempre temporais, pero dos que foi aprendendo cousas. Agora, tras terminar un Máster en Xestión da Calidade e realizar as súas respectivas prácticas no área de calidade dunha bodega, e ver o seu futuro algo incerto decidiu refrescar os seus coñecementos dun xeito ameno e espera que útil a través do seu blog. 



Ningún comentario: