16 de xan. de 2013

O FASCISMO REPUNTA EN VILAGARCIA.

UN CONCELLEIRO REACCIONARIO DISFRAZADO DE PROGRE PERMITE UNHA “ANIMALADA LENGÜISTICA”
«Os heroes do Orzán» é un poema sinfónico composto polo músico rianxeiro Antón Alcalde por encargo da banda de música da Coruña. O seu propósito é render unha homenaxe aos tres policías nacionais que faleceron fai un ano na praia coruñesa mentres trataban de salvar a vida dun mozo. A peza, articulada en sete movementos, acompáñase dunha narración dos feitos, unha sorte de guía que Alcalde redactou en galego. A obra estreouse no Palacio da Ópera da Coruña o 4 de novembro sen ningún problema. Suso Nogueira, director da Banda da Música de Vilagarcia,  incluíu no concerto de fin de ano desa vila, pero optou por traducila ao castelán «para que se entenda mellor» e adáptese ao público. Unha razón pobre moi pobre duramente criticada por ANOVA e o BNG de Vilagarcia.
Ambos partidos políticos critican duramente a decisión de Jesús Nogueira, que consideran "inaceptable, unha aberración e un atentado" para a lingua galega. O BNG insta ao edil Francisco González a que condene o sucedido e Anova considera que non se pode permitir estes feitos desde unha concejalía de Cultura porque "atentan contra o noso patrimonio cultural". 
A oposición esixe a Ravella que explique por que se traduciu ao castelán «Os heroes do Orzán» . O BNG pide a comparecencia no pleno do edil de Cultura mentres PSOE e EU censuran a súa actuación 
A MESA TAMÉN SE PRONUNCIOU O RESPECTO
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, anunciou onte que se poñerá en contacto cos responsables municipais de Vilagarcía para tratar de que un episodio coma este non se repita. Cabe lembrar, neste punto, que a concellería de Cultura colabora coa banda de música na organización dos concertos de fin de ano.
Un reaccionario disfrazado de "progre"
Callón considera que a tradución de Os heroes do Orzán ao castelán «non ten sentido ningún» e non se explica o ocorrido agás pola pervivenza de toda unha serie de «prexuízos» que non se sosteñen cara a lingua galega. Para exemplificar a súa opinión, recorre á ópera: «Calquera podemos asistir a unha representación en italiano ou alemán, pero nunca se nos ocorrería pedir que traducisen as obras, senón que respectaremos o idioma orixinal e gozaremos del».
Este episodio lémbralle ao voceiro da Mesa a polémica suscitada arredor do Centro Dramático Galego cando hai dez anos quixo poñer en escena Os vellos non deben de namorarse, de Castelao, en castelán. «É unha mágoa -conclúe- que unha obra así teña este problema por unha mala decisión do director».
Francisco González, o concelleiro disfrazado de progre deberia dimitir ou no seu defecto non permitir estas agresións a lingua galega.




1 comentario:

MANUEL dixo...

O señor Suso Nogueira é un perfecto incompetente dende o momento que tomou tal decisión e cos seus argumentos, do concelleiro xa non vou opinar porque de un tempo a esta parte nos concellos afloran un sinnúmero de energúmenos que están retando a sociedade. De pena ter que ver situacións de este tipo,¿Por qué non fixo a traducción o inglés xa que iba a tocala en Vilagarcía?