17 de xan. de 2013

OLGA MARTIN ALVAREZ, XUIZA DO XULGADO Nº 1 DE CAMBADOS DICTA A SEGUNDA SENTENZA CONTRA NOVA GALICIA BANCO EN MENOS DUN ANO.

Os que traballamos no Xulgado Nº 1 de Cambados, estamos moi contentos coa nosa “xefa” a xuiza Olga Martin Alvarez(foto da esquerda), a verdade que é un pracer traballar o seu carón. Evidentemente coñeciamos esta segunda
sentencia dende fai días pero por etica profesional non o publicamos , primeiro porque non debiamos nin podiamos,  e segundo porque debe ser a parte a que lle dea a nova a prensa como así fixo.
ANA VILLALUSTRE
Olga Martin, ainda non leva un ano en Cambados, e xa é a segunda sentenza que dicta contra Nova Caixa Galicia, esta vez a demanda veu confeccionada por unha letrada  de Sanxenxo que se chama Ana Villalustre Hermida, do cal nos alegramos moi especialmente por ela, porque o merece.
Ademais para os tempos que es estilan nestas datas, xulgados colapsados tanto en civil como en penal , o Xulgado de Instrución número uno de Cambados tardou cinco meses en dictar unha resolución favorable a un dos afectados polas preferentes que obriga a Novagalicia Banco a devolver os 20.000 euros que depositara na entidade, un tempo record nestes epocas de recortes en xustiza.
A demanda foi presentada pola avogada o 31 de xullo e o fallo foi notificado onte ás partes. 
Ao tratarse dun caso civil, celebrouse unha audiencia previa e o xuízo "levouse con bastante celeridad, o mes de agosto é inhábil, tamén depende de como estean os xulgados", sinalou a letrada.
Na sentenza, o xuíz accede á petición da defensa que solicitou a nulidad "ao considerar que non se informou correctamente ao cliente, déuselle unha información sesgada dicíndolle que era un produto seguro e non o é, iso induce a erro, xa que logo a confusión provoca a nulidad do contrato", sinalou Villalustre. 
En canto aos intereses "teñen que ser devoltos pero compénsanse co interese legal que pode ser maior ou menor ao pactado, depende dos casos". 
Villalustre prevé que a ralentización dos arbitrajes "que non se producen como antes e a esta xente hai que darlle unha solución porque necesitan o seu diñeiro, provocará que se incrementen as demandas xudiciais". 
Novagalicia Banco pode presentar un recurso de apelación ante a audiencia provincial de Pontevedra.

Ningún comentario: