17 de xan. de 2013

A NOVA IMAXE DA ANOVA EN CAMBADOS SERÁ SEGURAMENTE PACO TRIGO.

O SÁBADO PRESÉNTANSE NA NOSA VILA.
Sábado será o día en que sección de Anova cambadesa presentarase  cun acto aberto ao público en  “La Merced”.
Anova-Irmandade Nacionalista constituíu un grupo en Cambados, e preséntase como tal este sábado. É ás 19 horas, no centro social da Mercede, e é un acto aberto a calquera persoa interesada.  Polo que se sabe
ate o de agora a cabeza visible desta formación é Paco Trigo e seguramente será o encargado da formación das listas para as vindeiras eleccións municipais, “con mando en praza” como a él lle gusta. 
Xurxo, Isma e Enrique.
Os encargados de conducilo o acto serán Xurxo Charlín, Ismael Gómez  e Enrique Oubiña. Os dous primeiros son membros de Anova e cambadeses, e Oubiña é concelleiro non adscrito en Ribadumia tras conseguir a súa acta por medio do BNG, instóuselle a devolvela a mesma  e negouse.  No transcurso da presentación poderá tomar quen queira a palabra, e poñer sobre a mesa o asunto que estime convinte.
Dende que comezou a rodar esta formación en Cambados xa perdeu a dous grandes valores,  un porque se marchou a traballar fora e outro porque non lle gustou como se elixiron as listas nas pasadas eleccións autonómicas,  pois el pensaba que se ían confeccionar en comités abertos comarcais e o remate viñeron confeccionadas dende Santiago, sen marxe de corrección.
Desexamolle moita sorte a esta nova formación e o seu lider.

1 comentario:

o quinto dixo...

eu penso ir a escoitar o que digan,estes eran antes todos do bloque,nin serian tan bos antes nin ta malos agora non che parece chonito