18 de xan. de 2013

QUEN FORMA PARTE DA GURTEL PONTEVEDRESA E CAMBADESA?

Durante dúas décadas, funcionarios e dirixentes do Partido Popular recibiron pagos mensais en negro, en concreto, entre os 5.000 e os 15.000 euros.
Estas prácticas -pretensamente instauradas por Bárcenas, o eixo do chamado caso Gurtel- foron estabelecidas no Partido Popular durante a presidencia de Manuel Fraga e continuaron igual durante o período de Aznar como chefe da dereita.
O diñeiro procedía de comisións ilegais achegadas ao Partido Popular por construtores que se beneficiaron de concursos públicos ou de obras realizadas nas sedes da formación conservadora.
Segundo El Mundo, Rajoy, durante o seu período como secretario xeral do Partido, coñeceu este sistema de pagamentos a funcionarios e dirixentes, e non o denunciou.
Si tomou medidas para pór fin aos pagamentos en negro unha vez que a imprensa comezou a publicar informacións sobre o Gurtel e a implicación neste caso de Bárcenas.
De se confirmar esta información estariamos ante delitos graves contra a Facenda pública.
En Pontevedra, en organismos provincias seguramente tamén se fixeran prácticas deste estilo e se siguen a facer , así como en moitos gobernos locais gobernados por estes indecentes. 
Para que dar nomes si todos sabedes quen son, seguro que incluso coñecedes contratistas que sufragaron os gastos das famosas campañas das muncipais desta xente, cun despliegue de medios fora do normal. Os favores hai que pagalos.
A poboación ten que facer unha limpeza desta xente e deixar de que as urnas se convirtan en máquinas de facer chourizos. Non todo vale en politica e menos roubar os cidadáns.

Ningún comentario: