AINDA QUE PARECE INCRIBLE NON SON PROPIEDADE MUNICIPAL
O BNG de Cambados, ven de publicar no seu blog que ven de presentar unha moción no concello de Cambadops solicitar a desafectación dos terreos ocupados polo Paseo da Calzada e pola Alameda de San Tomé, para que sexan de dominio municipal, ainda que parece icrible, ainda non o son.
Victor Caamaño dinos que Cambados, como todos os concellos sitos á beira do mar, experimentou ao longo dos tempos moitas modificacións na súa liña de costa. Unhas veces por efectos naturais e outras pola intervención humana, esta liña ten retrocedido en ocasións ou ten avanzado (as máis das veces), modificando a configuración costeira. Así, moitos dos terreos gañados ao mar deixaron de ter una función ligada a usos marítimos (varado de embarcacións, carga, descarga, explotación marisqueira…), para pasar a ter un uso netamente urbano e, xa que logo, a quedar baixo a xurisdición municipal. Así, por exemplo, cando a principios do pasado século XX se construíu a estrada Gondar-Vilagarcía, os terreos de marisma que quedaron cara ao interior pasaron a propiedade municipal, e despois, por venta ou concesións, a terceiros. Este é o caso da rúa Nova ou da rúa do Cunchal (hoxe Lugo); ou de edificios como a Sociedade Cultural, o Pósito, a fábrica de Galbán e o cine Variedades.
Na actualidade, e dentro do casco urbano de Cambados, hai zonas que, se nalgún momento foron costeiras, hoxe deixaron de ter tal carácter; pero que seguen a ter a consideración de zona marítimo-terrestre, e que están baixo a xurisdición de Portos de Galicia. En concreto estámonos a referir a sitios tan coñecidos como o Paseo da Calzada ou a Alameda de San Tomé, lugares que foron considerados sempre coma de dominio público, pero municipal. Neste sentido resulta curioso, por non dicir disparatado e fóra de lugar, que no proxecto de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios para os portos de San Tomé e Tragove, recentemente aprobado pola Xunta de Galicia, aparezan a Calzada e a Alameda de San Tomé dentro da delimitación do ámbito portuario como áreas para usos complementarios.
Respecto disto a memoria do devandito documento di textualmente: “Las actividades portuarias descritas plantean la necesidad de actividades complementarias para su correcto funcionamiento y desarrollo tales como almacenes, talleres, mantenimiento y reparación de embarcaciones. Por ello es necesario definir el espacio destinado a estos y otros usos complementarios dentro de la zona de servicio del puerto. El área delimitada es colindante con los viales de acceso al puerto, por lo que los movimientos derivados de este tipo de actividades auxiliares se desarrollan ordenadamente sin producir interferencias con el resto de actividades que se desarrollan en el puerto. De esta manera su ubicación se considera ideal para el establecimiento de industrias o actividades que complementen los servicios que se prestan a los usuarios del puerto”.
Respecto disto a memoria do devandito documento di textualmente: “Las actividades portuarias descritas plantean la necesidad de actividades complementarias para su correcto funcionamiento y desarrollo tales como almacenes, talleres, mantenimiento y reparación de embarcaciones. Por ello es necesario definir el espacio destinado a estos y otros usos complementarios dentro de la zona de servicio del puerto. El área delimitada es colindante con los viales de acceso al puerto, por lo que los movimientos derivados de este tipo de actividades auxiliares se desarrollan ordenadamente sin producir interferencias con el resto de actividades que se desarrollan en el puerto. De esta manera su ubicación se considera ideal para el establecimiento de industrias o actividades que complementen los servicios que se prestan a los usuarios del puerto”.
Considera o BNG que esta situación ten que trocar, e que o Concello de Cambados debe reclamar a titularidade municipal destes terreos.
Nos arquivos municipais hai abundante documentación que acredita que tanto a Calzada coma a Alameda de San Tomé foron obxecto, dende hai case uns douscentos anos, de actuacións municipais de diversa índole: obras de urbanización, sumidoiros, axardinado, plantación de árbores, ou construción de bancos e muros. Hai constancia documental de que os muros e bancos da Calzada foron construídos polo Concello coa pedra procedente do antigo convento de San Francisco, despois da súa desamortización, na primeira metade do século XIX.
Así mesmo o Concello de Cambados, durante moitos anos, sen que ninguén llo impedise, fixo constantes actos de posesión dos terreos, ocupándoos con actividades e servizos, organizando festas, outorgando permisos de ocupación a terceiros, aprobando ordenanzas sobre os mesmos e, incluso, ata cobrando as correspondentes taxas por ocupación. Existe a crenza popular arraigada dende hai moito tempo é que a Calzada e a Alameda son terreos municipais.
Hai anos, e con motivo da tramitación do expediente de deslinde da zona marítimo-terrestre levado a cabo pola Dirección Xeral de Costas, do Ministerio de Medio Ambiente, o grupo municipal do BNG xa se dirixiu ao goberno municipal para que fixese a correspondente alegación e reivindicase a titularidade municipal da Calzada e da Alameda de San Tomé. A contestación foi a de sempre: “xa o estamos estudando”, “xa o pensaramos nós antes”, “estamos a facer xestións”, etc. Agardamos que agora non se volva repetir a resposta dada no pasado.
É por todo isto polo que o Bloque Nacionalista Galego solicita do Pleno da Corporación a adopción do seguinte ACORDO:
Que o Concello de Cambados se dirixa ao organismo competente (Portos de Galicia ou Dirección Xeral de Costas) solicitando a desafectación dos terreos ocupados polo Paseo da Calzada e pola Alameda de San Tomé, e que pasen a ser de dominio municipal, como así veu sendo “de facto” durante moitos anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario