6 de feb. de 2013

CAMBIAR AS POLÍTICAS DO PPARO POR POLÍTICAS DE EMPREGO, por Victor Caamaño.

Coñecidos os novos datos do paro do Salnés (14.699 desempregados/as) e de Cambados (1.886 parados/as), pode asegurarse que xa nada nos sorprende  desde hai tempo porque está demostrado que as pregoadas políticas de
austeridade do PP só son boas para uns poucos, pero nefastas para as maiorías sociais. Estes datos, por reiterativos, o único que demostran é que os gobernos do PP non están dispostos a plantexar unhas políticas que pensen realmente na promoción do emprego, que pensen nos sectores produtivos, que pensen nas persoas e non só nos beneficios da banca e de determinadas empresas amigas.
OS RESPONSABLES DO PARO NSA COMARCA
Desde hai tempo, o BNG ven facendo propostas concretas para que os orzamentos da Xunta teñan en conta partidas destinadas  directamente á promoción do emprego e a atender os servizos básicos. Que o PP se  deixe da súa “austeridade propagandística”, un concepto que non agocha máis que a súa incompetencia,  e que destine os recursos públicos cara á promoción real do emprego. Iso é o que propón o BNG para os orzamentos da Xunta para este ano. O BNG considera imprescindible a aplicación dun Plan específico de emprego para as Comarcas, como o Salnés, coas maiores taxas de paro de Galiza. Ademais é necesario desenvolver un Plan de emprego para comarcas, como a nosa, afectadas pola crise dos sectores produtivos básicos (agro e mar) que ata hai uns meses semellaba que poderían sortear esta crise, pero a incompetencia e a inoperancia das políticas do PP, os está a levar cara á ruína. Compre, tamén,  un programa de creación de emprego para mozos/as vinculado aos sectores produtivos, así como, un programa de inserción laboral para mozos/as  con alta cualificación laboral e profesional. O BNG propón, ademais, que os orzamentos da Xunta deben incluír, plans de accións concretas, de cara a defensa e mellora da produción e comercialización do sector marisqueiro e do agro. E todo isto sen descoidar as partidas adicadas a atender os servizos básicos públicos como piar da sociedade democrática na que queremos seguir vivindo.
O PARO DISPARASE CON
ARAGUNDE.
Nunha vila con, case, 1.900 parados/as, 148 máis ca o mes pasado, non é o momento de vir con propostas do pasado, non é momento de comportas do Saco de Fefiñáns. É o momento, como propón o BNG para os orzamentos deste ano da Xunta de Galiza, de apostar pola defensa dos nosos sectores produtivos con accións concretas: un plan de defensa da produción e comercialización do mexillón galego, a creación de granxas de produción de semente de molusco, un plan de recuperación do marisqueo no Saco de Fefiñáns, a restitución de axudas a mariscadoras de máis de 65 anos, un plan estratéxico para o sector conserveiro galego, un plan de recuperación de marisqueo da Ría de Arousa, a promoción do pequeno comercio e dos produtos galegos, un plan para a denominación de orixe Rías Baixas…, e non se pode seguir probando con políticas que, desde hai tempo, demostraron que so producen paro e pobreza.

Ningún comentario: