Persoalmente penso que unha das grandes testemuñas do ciclo vital do seres humanos son os quioscos de prensa; a través dun
quiosco de prensa podes ver como vai medrando unha persoa, a súa evolución dende a mais terna infancia ata a vellez: cando es un crío acodes ao quiosco a mercar cromos pra esa colección que segues e que queres rematar a toda costa; posteriormente, con algún ano mais empezas a adquirir cómics ou tebeos, que é como se lle chamou toda a vida; unha vez chegada á adolescencia, cando empezamos a interesarnos polo sexo oposto, a nosa atención nos quioscos diríxese ás revistas eróticas, onde se amosan mulleres como Deus as trouxo ao mundo e, tamén,os que se inician no consumo do tabaco, a mercar os primeiros cigarros;unha vez adultos, soemos inclinarnos pola prensa de información xeral ou, os amantes dos deportes, pola prensa deportiva onde seguen os resultados do seu equipo favorito; tamén, nesta etapa moitos afecciónanse a seguir algunha colección en fascículos, a mercar unha revista temática, ben de tirada semanal ou mensual, xa sexa, por exemplo de informática, de automobilismo ou, como no caso da miña muller, de decoración ........ eu, en concreto, son un incondicional da revista semanal satírica “El Jueves”, unha digna herdeira de revistas míticas, xa desaparecidas como “La Codorniz” ou “El Papus”. Finalmente, camiño da terceira idade moitas persoas afecciónanse as revistas de pasatempos: encrucillados, sopa de letras e, xa mais recentemente, os sudokus.
quiosco de prensa podes ver como vai medrando unha persoa, a súa evolución dende a mais terna infancia ata a vellez: cando es un crío acodes ao quiosco a mercar cromos pra esa colección que segues e que queres rematar a toda costa; posteriormente, con algún ano mais empezas a adquirir cómics ou tebeos, que é como se lle chamou toda a vida; unha vez chegada á adolescencia, cando empezamos a interesarnos polo sexo oposto, a nosa atención nos quioscos diríxese ás revistas eróticas, onde se amosan mulleres como Deus as trouxo ao mundo e, tamén,os que se inician no consumo do tabaco, a mercar os primeiros cigarros;unha vez adultos, soemos inclinarnos pola prensa de información xeral ou, os amantes dos deportes, pola prensa deportiva onde seguen os resultados do seu equipo favorito; tamén, nesta etapa moitos afecciónanse a seguir algunha colección en fascículos, a mercar unha revista temática, ben de tirada semanal ou mensual, xa sexa, por exemplo de informática, de automobilismo ou, como no caso da miña muller, de decoración ........ eu, en concreto, son un incondicional da revista semanal satírica “El Jueves”, unha digna herdeira de revistas míticas, xa desaparecidas como “La Codorniz” ou “El Papus”. Finalmente, camiño da terceira idade moitas persoas afecciónanse as revistas de pasatempos: encrucillados, sopa de letras e, xa mais recentemente, os sudokus.
Eu, como seguramente moitos de vos, pasei por estas etapas (salvo, loxicamente, a da terceira idade) e contareivos unha anécdota persoal, ademais pasaron os suficientes anos e penso que o “delito” xa prescribiu.......
Contaría eu con uns trece ou catorce anos, coas feromonas a cen, produto da entrada na puberdade e, loxicamente, cando nos achegábamos ao quiosco, a nosa vista dirixíase sistematicamente á zona onde se atopaban as revistas eróticas, aínda que nos, dende a nosa perspectiva persoal, mestura ao cincuenta por cen de inocencia e unha perversión propia dun sádico definiamos a estas publicacións como “as revistas de putas”. Evidentemente, as esas idades, case nunca levábamos os cartos para poder mercalas, polo que optabamos polo método, por definilo de algunha maneira, de “adquirilo sen que mediase pago ou transacción económica algunha”, vamos, en linguaxe coloquial de “mangalo”; pra elo sempre contaba, basicamente, co o apoio de Pisalleira, compañeiro de escola dende os cinco anos, colega de correrías de todo tipo, e amigo de toda a vida. Algún dia falareivos de Pisalleira porque daría para escribir, mais dun libro, vamos, un puto crack.
Como dicía, pra levar a cabo tan “arriscada misión” requiriamos do apoio de mais xente, rapaces, que co acordo de que poderían botarlle unha ollada a dita revista, se apuntaban entusiastas; pra describiros a maneira en que levabamos a cabo a operación, deixade que recurra á comparación con eses documentais de animais salvaxes que tantas veces temos visto pola televisión; ¿lembrades cando, por exemplo, un grupo de leóns atacaban unha manada de búfalos, rodeando, a unha búfalo femia para atraer a súa atención, cando en realidade era unha medida de distracción para separala da súa cría, a cal caia finalmente nas fauces dos felinos; pois basicamente a nosa táctica consistía no mesmo, preguntabámoslle á encargada da tenda, por exemplo, o prezo de calquera publicación, iso si, o mais afastada posible da sección das revistas eróticas;cando a boa señora, se prestaba a comprobar o prezo, o resto dos rapaces facíanlle un coro, dificultándolle o campo de visión, momento que aproveitabamos para, nun rápido xogo de mans, propio de un trilero, coller a revista e saír, disimuladamente, do lugar do “crime”; como no pecado está a penitencia e, quizais, para redimir ditos actos, hoxe en dia, Pisalleira e eu, procuramos mercar en dito quiosco a prensa para compensar aqueles antigos actos de pillaxe xuvenil.
Todo isto ven a colación porque o outro dia mentres mercaba o xornal pillei un cabreo e unha indignación coma fai tempo que non collía. Resulta que nada mais abrir o xornal leo un par de noticias, de esas que que te botan o alma o chan; por un lado, unha muller estaba a punto de ingresar na cadea porque nunha ocasión, ante unha situación de paro prolongado e con tres nenos pequenos, atopou unha tarxeta de crédito e, ante a necesidade, utilizouna para mercar comida e cueiros para os seus fillos, cousa que, seguramente, teriamos feito a maioría de nos na mesma situación.
A outra noticia tan dolorosa como esta, informaba dun matrimonio de Sabadell, ambos duns 30 anos de idade, que tras haber quedado os dous no paro como consecuencia da crise e tras botalos o banco do piso, dada a imposibilidade de facer fronte a hipoteca e non atopando lugar onde poder ir a vivir, volveron a ocupar de forma ilegal a súa antiga vivenda, que seguía baldeira o que levou a unha posterior denuncia por parte do banco; isto, ademais, viña agravado porque este matrimonio tiña unha filla de cinco anos con alerxia alimentaria e un bebe de apenas 15 días con unha afección renal.Pois como dicía, estaba eu lendo estas noticias do xornal no quiosco, esperando a que meus fillos elixisen sobre que tebeos querían que lles mercase,cando non sei porque alcei a mirada e fixeime nas portadas das revistas da prensa rosa, unha delas chamoume especialmente a atención, poñía en grandes titulares: CRISTINA A SU MADRE: “YA NO PUEDO MAS”.
Coa confianza do meu quiosquero habitual, collín un momento a revista e boteille unha ollada; o artigo viña a dicir que a Infanta Cristina atopábase ao límite, que si a súa situación económica se complicaba, que non conseguían vender o seu palacete de Pedralbes ou que o “caso Noos” volvía a salpicala; todas estas “desgrazas” puideron, según a publicación, levarlle a facer esa declaración desesperada á sua nai, a raíña Sofia.
Eu, nese momento, quizais, aínda sensibilizado polas noticias que acaba de ler no xornal, doume por pensar que sentirían algún dos membros das mais de 350.000 familias que ata agora perderon a súa vivenda dende que comezou a crise cando escóitanse as queixas desta “niña pija”.
A infanta Cristina, que o populacho sempre a definiu como a “infanta lista” que casou co “guapo” fronte a súa irmán, definida como a “infanta tonta” que casou co “raro”; a infanta Cristina, que por ser filla de quen é, déronlle un cargo a medida en “La Caixa” (¿ou acaso alguén se cree que foi por méritos propios?); a infanta Cristina, que, supostamente, cando o seu home chegou a casa e díxolle que iban a mercar unha casa por valor de 6 millóns de euros nunha das zonas mais exclusivas de Barcelona, parece que o veu do mais normal, como veu do mais normal que a vivenda necesitase outros tres millóns de reforma; a infanta Cristina que cando estallou o “caso Noos” tivo a ben Telefónica, apiadarse de ela e ofrecerlle ao seu esposo un posto na capital de Estados Unidos para que tanto eles como os seus fillos non sufrisen a presión mediática que lles viña encima; posto, por certo, remunerado con mais de un millón de euros ao ano.
Pois ben, esta señora lamentábase da súa situación, lamentábase amargamente ante a súa nai do que lle estaba a pasar; persoalmente creo que hai moita, moitisima xente que lle cambiaría gustosamente o posto á infanta, non xa cando lle ía ben, cando todo eran días “de viño e rosas”, senón neste momento; falo de xente que esta ao borde da indixencia, xente que a perdido o seu traballo, a súa casa, xente que ven coma a empresa na que traballa esta abocada ao peche coa desesperación e a inquietude que elo xera e, en definitiva, xente que cando se levanta non sabe como vai a facer para darlle de comer ese dia aos seus fillos.
E fronte a todo iso, temos a este membro da realeza, este membro da “alta cuna” que di que non aguanta, que di que pode mais o cal non deixa de ser, si me apurades, insultante.
Eu non é que sexa moi asiduo da prensa rosa pero como a maioría dos cidadáns seguín este caso a través dos medios de comunicación e de todo elo, hai cousas que non me deixan de sorprender; mais aquí en Catalunya, onde os medios locais levan feito un seguimento mais exhaustivo do mesmo.
Cando esta señora xunto coa súa familia regresaron de Washington, a prensa informábannos de que poñían o palacete de Predalbes a venda de cara a facer fronte ás posibles responsabilidades xudiciais derivadas do “caso Noos”, o que lles obrigaba a buscar unha nova residencia de aluguer; eu imaxinábaos mirando, pisos de 90 metros cadrados, pisos de protección oficial nas zonas mais populares da cidade.... nada mais lonxe da realidade, a primeira opción que barallaron foron casas de alto standing en Sant Cugat del Vallés, poboación próxima a cidade Condal (e unha das mais caras de Catalunya), supoño que para non mesturarse coa plebe.
Tamén resultaba cómico e ata esperpéntico, repetido pola prensa ata a saciedade, de que para desprazarse pola cidade utilizasen un Volkswagen Golf de mais de 17 anos, propiedade da infanta de cando estaba solteira; supoño que intentando dar imaxe de austeridade o que non era tan habitual que amosasen era o outro vehículo que utilizaban para desprazarse, sobre todo cando saian a cenar, un BMW da gama alta (iso si con chofer incluído), ceas en restaurantes que non se caracterizan, precisamente, por ofrecer menús do dia para obreiros.
Outro información que parece ser que produzo malestar no entorno da infanta foi que se publicasen e-mails do duque onde firmaba como “el Duque empalmado”, ¡que ordinariez! Pensaron moitos, ¿por que me pregunto eu? ¿Acaso esta xente da nobreza non acada tal estado de excitación? mirade en todo caso iso é un signo de aproximación ao pobo, el firmaba como un duque caracterizado por un aumento do volume e consistencia do seu órgano viril a semellanza do resto da poboación que xa empezamos a ter inchados o que acompaña normalmente a dito órgano con tanto recorte en sanidade, educación, subida do IVE etc.
Para rematar quero contar unha anécdota cando menos graciosa, fai un par de meses o duque de Palma acudiu a ver un partido de balonmán, onde xogaba o seu fillo a un polideportivo de Molins de Rei, poboación próxima a Barcelona; no descanso a xente pedíanlle ao duque, facerse unha foto con el, cousa a que accedía amablemente (“hai que intentar volver a gañarse a simpatía do populacho”, pensaría), de repente un rapaz empezou a berrar: “¡es un lladre, es un lladre! ( ¡e un ladrón! en catalán), ¿será certo aquilo que se di sempre de que os borrachos e os nenos sempre din a verdade?
RICARDO DOMINGUEZ REY
Ningún comentario:
Publicar un comentario