7 de feb. de 2013

PROGRAMA DE ACTOS ENTROIDO 2013 - CAMBADOS

Xoves 7 de febreiro, sae a rúa o "Contrabando" 2013.
Sábado 9, a partir das 16:00 horas no Pazo de Torrado terá lugar a Festa Infantil de Entroido
con animación, música, hinchables e talleres de maquillaje a cargo de Fantasía Animación.  
Isi en Cambados
As 22 horas cea baile anual no Centro Cultral “manuel Mariño Castro de Oubiña”. 
As 19 horas o  Centro Cultural Xironxa sorprenderá a propios e estranos cunha actuación sen precedentes polas rúas de Cambados. 
Domingo 10, a partir das 16:30 horas na Escalinata de San Tomei terá lugar a Recepción de Carrozas, disfrazados e choqueiros que participen no Desfile do Entroido, que comezará ás 17:00 horas percorrendo as principais rúas da vila. A música correrá a cargo do a charanga Krazy Cabuxas. 
Ás 18:00 horas na Praza do Concello Desfile e Concurso de Disfraces Infantil e Adulto con premios aos mellores disfraces nas distintas categorías. A animación correrá a cargo do humorista Isi dá TVG que estará acompañado polo Dj de Estudo XXI. 
As 9 de mañan o Centro Cultural Xironsa realizará unha excusión para ver o entroido de Viana do Bolo. O autobus sairá de diante do Eroski de Corvillón.
Luns 11, ás 16:30 horas no o Salón de Congresos e Exposicións J. Pena celebrarase o Baile de Entroido Infantil con animación musical e premios aos mellores disfraces nas distintas categorías. A partir das 17:30 horas terá lugar o Concurso de Filloas cunha gratificación de 50€ por participar e premios de 100€ á filloa máis sabrosa e 100€ ao maior número de filloas elaboradas en 30 minutos. 
As nove da noita o Asociación Cultural Xironsa actuará na Festa de Lourdes en Corvillón.
Martes 12, a partir das 17.30 horas na Praza do Concello todos os participantes poderán gozar coa animación do humorista Pepe Suevos que estára acompañado pola música do grupo Dúo M30. Para finalizar o día, ás 19:00 horas, terá lugar a actuación de Krazy Cabuxas. 
Mércores 13, última xornada carnavalesca na que se celebrará o popular Enterro dá Sardiña. Ás 17:30 horas na Praza do Concello haberá degustación de doces típicos do Entroido elaborados polas asociacións de mulleres de Cambados. Ás 19:00 horas procederase á lectura do sermón e a marcha do cortejo fúnebre desde a Praza do Concello ata a praia de San Tomei.
Sábado 16.- As 23 horas cea Baile no Adega Martin Codax, organizado polo Xuven. As 10 horas cea bailaede San Valentín na Taberna San Kiriko de Vilariño.


Ningún comentario: