9 de feb. de 2013

A CHOIVA TROCA O PROGRAMA DE ENTROIDO EN CAMBADOS

CAMBADOS APRAZA AO MARTES OS SEUS DESFILE DE CARROZAS POR TEMOR Á CHOIVA
NO SEU LUGAR, PARA O DOMINGO ADIÁNTASE O CONCURSO DE DISFRACES NO SALÓN JOSÉ PEÑA
HOXE AS DOCE E MEDIA CHUPINAZO E FESTA DOS SAN FERMINS NA PRAZA ALFREDO BRAÑAS
A previsión de choiva para o domingo levou ao Concello de Cambados a modificar o seu programa de Entroido. O desfile de carrozas que estaba previsto para ese día aprázase ao martes e para o domingo adiántase o concurso de disfraces, que no seu caso si se pode celebrar a cuberto, no salón José Peña . O concurso está aberto a nenos e adultos e repartiranse 1.000 euros en premios. A animación correrá a cargo do humorista Isi. En canto ao desfile do martes de Entroido, promote estar concorrido porque, a día de hoxe, inscribíronse xa trinta carrozas. Sairá ás cinco da tarde da alameda de San Tomé e percorrerá as principais rúas do pobo. A nota de humor poraa Pepo Suevos desde o escenario da praza do Concello. O mércores despídese o entroido co enterro da sardiña (19.00 horas), que este ano queimará ao Ecce Homo de Borja.


Ningún comentario: