9 de feb. de 2013

ENCERRO SEN FERIDOS NO “SAN FERMÍN” DE CAMBADOS.

Hoxe tivo lugar en Cambados na Praza de Alfredo Brañas o primeiro e único encerro do “San Fermín” cambadés, organizado polas “pandillas”(  e non dito en termos pexorativos, senón todo o contrario) de Cambados, que “pululan” en torno o Pub Cafetería “•A Leria”.
Tres bravos touros da gandaría “Manaco”, fixeron fuxir en estampida os bravos mozos cambadeses ataviados como  se foron pamplonicas de toda a vida. 
O acto deu comezo con certo atraso, como é normal en Cambados, sobre as 14.30 horas. O tradicional chupinazo deu lugar e un encerro vistoso, cachondo, delirante e sobre todo sen que tiveran intervención nin Protección Civil, nin o 061, nin tan sequera a xente de Garda que estaba no centro de saúde. O s participantes despois do espectacular encerro foron a un restaurante de San Miguel a dar boa conta dun suculento cocido. Por certo é unha magoa que preto de 200 persoas de Cambados teñan que ir comer fora porque ningún restaurante da vila lle ofreceu un prezo acorde coas circunstancias.  “Gora San Fermín”. Podes ver  todas as fotos do encerro na columna da dereita.

Ningún comentario: