Que os do Partito Popular teñenos acostumados a cousas increibles, xa o imos tomando como “normal”, pero o de Louzán, que por certo haberia que falar de porque está
Baltar nos XulgadoS e el non se fai o mesmo practicamente, non ten nome.
Baltar nos XulgadoS e el non se fai o mesmo practicamente, non ten nome.
Co a que está caindo sobre nos mandandonos recortar en educación, sanidade, xustiza, baixándonos o soldo a todos, este está a facer o terceiro campo de futbol para unha vila de menos dee cinco mil habitantes cando moitas en Galicia non teñen ningún. O maís curioso do caso é que a adquisición dos terreos si correu a cargo do Concello, que tras un acordo plenario a finais de 2012, comprou tres parcelas que suman máis de 8.000 metros cadrados, por 420.000 euros, si señores, están a ler ben, medio millón de euros só nos terreos para o campo de futbol o que hai que engadir o custo do campo. Despois din que non hai cartos.
Louzán e o goberno local xustificou o investimento para esta nova infraestructura na “necesidade” de dar resposta a demandas de clubs e escolas deportivas, que presentaron máis de mil asinaturas para solicitar un novo campo, isto é de risa señores, en Ribadumia hai dos clubs e co campo da Bouza terian de sobra para os nenos. Se non fora o concello de Louzán asegurovos que non se estarían a construir o terceiro campo de futbol.
1 comentario:
Si con presentar mais de 1000 signaturas os repartidores dos cartos de todos xa van facer de facto todo aquelo que se lles pide, entón hay que animarse e empezar a presentar mais de 1000 signaturas para que deixen o pinal de Maza como estaba antes da súa desforesta,outras mais de 1000 para que restituian os dereitos en educación, sanidade....outras mais de 1000 para deixar entre rexas os que nos rouban...outras mais de 1000.....vamos deixarnos de excusas estúpidas que o único que fan é reafirmar mais a sensación de que a maioría dos que nos gobernan pensan que a xente é lela,estúpida e carente de principios. O señor Louzán non é xusto e as súas decisións tampouco o son, ¿temos o que nos merecemos?
Publicar un comentario