7 de feb. de 2013

EN PLENO SECULO XXI A CENSURA RENACE NO GROVE

O TRIPARTITO CONVERTESE EN "LADRÓN" DE LIBERTADES.
¿Ver para creer”, a quen se lle conte que en
pleno século XXI, o concello de O Grove resucita a censura no concurso de comparsas.  
Por certo un concurso de comparsas que estaba a ser admirado por todo o Salnés, de noite pa mañan convertense no faime rir da ria de Arousa, e non me refiro a comparsa senón o cuarteto da foto, e dicir o Alcalde do Grove do PP, de este era de esperar, de Bea Garcia, un home que presume de galaguista non deberia permitir tal desaguisado (pero o de galeguista este pareceme o que ten o ano… pasado) , Aida Filgueira unha ex socialista que se está acomadando as mañas da ultradereita e o concelleiro de cultura Carlos Otero que non está disposto a ser novamente blanco das iras das comparsas mecas.
PSOE, o BNG de o Grove sitúase en contra do  tripartito  acusándoo de "coartar a liberdade de expresión" e tratar de obstaculizar o desenvolvemento do Entroido. Hai que recordar que o executivo modificou as bases para  que as comparsas se expresarna en liberdade . Isto  é "censura" pura e dura, para o PSOE para o BNG e para todo quisque. 
Membros da "Faneca Esfameada"
O entroido do ano 1998 serviu para converter á Faneca Esfameada na comparsa grovense máis coñecida fóra da península meca. Houbo letrillas nas que se acusaba á Benemérita de facer a vista gorda cos narcotraficantes e facer a vida imposible «á xente honrada».Unha sentenza ditada pola titular do xulgado do penal número dous de Pontevedra absolvía a Leonardo Benavides e a comparsa  de Inxurias e Calumnias contra a Garda Civil. Istó e liberdade, o limite está  nos Tribunais.
No Bloque din entender que "o suceso do ano pasado non é de recibo e non debe volver producirse". Parecen referirse, aínda que non o aclaran, á agresión recibida polo concelleiro de Cultura a mans do integrante dunha comparsa. Pero no BNG tamén creen que "por culpa dun individuo non se pode privar de liberdade de expresión ás comparsas". 
Os nacionalistas chegan a dicir que "escoitar as críticas é o primeiro paso para saber de primeira man o que o pobo opina da nosa xestión e da tarefa de cada grupo, pero parece que ao PP estas críticas non lle gustan". 
Fan isto en Cambados nos tempos de Unha Grande Chea e iban a “quedar ben” os gobernantes estes de pacotilla. Agora,  o que tiñan que facer as compasas que non se anotaron o concurso é cantar as súas coplas  a mesma hora do concurso de comparsas no centro do pobo, e se pode ser o lado de Floreano. 



Ningún comentario: