As filloas de Lolita a do "Vago" triunfaron no concurso do Concello de Cambados, logrando o premio de 100 euros ás máis saborosas. O xurado non puido resistirse á receita desta cambadesa, pertencente a unha familia de gran
tradición hostaleira na localidade, que acudiu coas súas netas Sofía Fernández Fariña e María Fernández Fariña, que exerceron de pinches.
tradición hostaleira na localidade, que acudiu coas súas netas Sofía Fernández Fariña e María Fernández Fariña, que exerceron de pinches.
Lolita que pechou o bar, o famoso “ Vago” en maio do 2009 que fundará o seu pai Sr. Moncho o Vago e a sua muller Sra. Manuela , a finais dos trinta ou principios dos corenta, e que despois lle deixaron a súa filla ela e o seu home Juan, encerrou gran parte da historia de Cambados, todos os clientes eran prestixiosos pero temos que destacar que foi un deles nunha etapa determinada o noso egrexio escritor D. Ramón Cabanillas. Ninguén das fillas de Lolita quixo continuar coa saga familiar polo que non houbo máis remedio que poñer remate a este “mítico bar trianero” e seguimos ainda agora botando de menos os seus callos e a as súas empanadas. Lolita é unha excelente cociñeira.
E na categoría da cociñeira máis rápida, a participante Anxos Rodríguez Ramos bateu o seu propio récord, elaborando nada menos que 59 en media hora. Un ano máis presentouse coas súas fillas disposta a recuperar o título que perdeu na edición de 2012, despois de conseguir facer 70 nunha hora na de 2011. Tamén recibiu 100 euros de gratificación e o resto de participantes 50 euros cada un en compensación polo esforzo.
Entre eles había de todo un pouco, homes e mulleres, novos e maiores que elaboraron un bo número de filloas que pouco duraron. E é que os asistentes ao baile organizado pola Confraría, que se celebraba na planta baixa do salón de Peña, foron invitados a probalas e non deixaron nin os miolos.
1 comentario:
Óle Óle y Óle por ésta gran muller (sin ánimo de desmerecer ó seu home,xa sabedes que ás veces detrás de unha gran muller tamén hai un gran home) pero eu podo dar fé do gran cociñeira é,e da súa ...non atopo palabras... atención,preocupación...porque todos estiveramos a gusto na súa casa.
Podría comentar mil detalles,pero casi que o vou a resumir en que para min é unha elagria leer a Gran noticia de este pequeno premio,porque os momentos que móitos pasamos alí, non teñen precio (é sinón que llo prejunten ás miñas fillas),moito cantei aquel día da despedida e támen chorei...
Lolita,Juan que sijádes así moitos anos,e nós que o vexamos.
Publicar un comentario