´O CAPITÁN ASPANITAS E O MISTERIO DAS BURGAS´
A editorial Xerais saca á luz estes días un novo libro do escritor ourensano afincado en Cambados Ramón Caride Ogando. "O capitán Aspanitas e o misterio dás Burgas" é unha historia de aventuras que arrinca cun estraño fenómeno nas termas de Ourense: unhas veces a auga flúe con normalidad, e de súpeto detense. Unha banda de encapuchados parece estar detrás e o capitán Aspanitas e o seu equipo tratarán de resolver o misterio. A novela custa 9 euros e aparece publicada na colección Sopa de Libros. Está especialmente pensado para o público infantil e xuvenil, co que Caride xa obtivo un enorme éxito grazas ao seu triloxía dos detectives ambientais Said e Sheila.
Ningún comentario:
Publicar un comentario