12 de feb. de 2013

UN ENTERRO MOI LIGHT

CAMBADOS DESPEDIRÁ O ENTROIDO QUEIMANDO AO ECCE HOMO DE BORJA
O enterro do "camello" foi o mais
multitudinario.

Os multitudinarios enterros que facia a comparsa Unha Grande Chea, que se destinguiron case sempre por enterrar algúnha personaxe coñecido de Cambados ou algún feito famoso, cunhas letanias dignas de encomio que se lian antes de queima sucedeulle uns enterros moi light e que din bastante pouco a poboación cambadesa de ahí a súa escasez de público nos mesmos. Estamos seguros de que se mañan organizara o enterro Unha Grande Chea, terian dúbidas entre enterrar a Touris polo do Pinal de Maza, un sobre grande  coas siglas do PP ou o mesmo Papa. 
Por certo , os enterros pagabaos íntegros Unha Grande Chea, incluso lembramonos que unha vez fumoslle a pedir unha axuda o alcalde Santiago Tirado e esta coa sua sorna habitual dixionos “O enterro faise só”, pois non debía ter moita razón Tirado cando vemos na foto a varios empregados do concello na tarefa da construcción do “Ecce Homo”.
O dos "bocadillos" foi outro dos
enterros míticos"
Pero o PP evidentemente eso quedalle moi lonxe e decidironse  para despedir o entroido no popular Ecce Homo de Borja, aquel que fose obxecto dunha peculiar restauración por parte de Cecilia Giménez. O mércores día 13, ás 19.00 horas, comezará a liturxia para despedir o Entroido coa lectura do sermón desde a Praza do Concello ata a praia de San Tomé , onde o Ecce Homo sucumbirá ás chamas. Antes, a partir das 17.30 horas, haberá ocasión de adozar o velorio coa degustación de sobremesas típicas de entroido elaborados pola asociación de amas de casa Albariño. Para entón, o Entroido cambadés terá queimado xa case todos os seus cartuchos. 

Viuvas viñan a montes sen "presionalas" (enterro de Chiquito)

Ningún comentario: